Este mes lembrámoslle que a empresa, para garantir a vixilancia da saúde dos seus traballadores, está obrigada a facilitar a realización dun recoñecemento médico, en función dos riscos inherentes o traballo, ó comezo da relación laboral e polo menos unha vez ó ano, ou ben ter unha RENUNCIA POR ESCRITO por parte do traballador a sua realización.
Read more
Dende o día 13 de xuño e ata 30 de setembro estamos en horario de verán de 8:00 á 15:00 horas. En todo caso mellor chame cando queira ser atendido por alguén de nós.
Read more
A empresa ten a obriga de rexistrar a xornada diaria dos seus empregados, tanto si se trata de traballadores a tempo completo como a tempo parcial, que deberá incluir o horario concreto de inicio e de finalización da xornada de traballo de cada persoa traballadora, sen perxuicio da flexibilidade horaria que poda establecerse, todo elo para dar cumprimento o artígo 34.9 do Estatuto dos Traballadores.
A lexislación non especifica nada de cómo debe ser o rexistro, polo que en principio é válido calquer sistema que sexa fiable, obxetivo e que non poida ser alterado ou modificado pola empresa, polo que poden optar polo rexistro en papel (lembrámoslle que cada vez que se da de alta un traballador enviamos xunto co contrato un rexistro de xornada que poderán usar cada mes) ou ben, usar un rexistro informatizado.
Este rexistro deberá conservarse durante un prazo de 4 anos e permanecerá a disposición das persoas traballadoras, dos seus representantes sindicais no caso de habelo, e da Inspección de Traballo, xa que o seu incumprimento será considerada como unha infracción grave que leva aparellada unha sanción entre 625 e 6.250 euros.
Read more
Para aqueles que estén de alta dende 2019, e que neste ano facturaran un mínimo de 4.000 €, e durante o 2021 reduciran os ingresos nun 65% con respecto os do 2019 poderán acollerse a subvencións que van entre 1.000 e 12.000 euros, segundo a facturación.
Quedan excluidas as actividades que tiveron axudas específicas como hostelería, ocio nocturno, Hoteis e aloxamentos, axencia de viaxes, orquestas, pesca e acuicultura.
Prazo de Solicitude ata o 3 de xuño do 2022. Iremos contactando con vostedes si están dentro dos que cumpren os requisitos.
Read more
Con data do 10 de maio saiu publicado o novo convenio de hostalaría para a provincia de Ourense cunha duración de 3 anos e con vixencia dende xaneiro do 2022 ata o 31 de decembro de 2024. Como novidade no seu artígo 27, as partes signatarias acordan un “complemento compensatorio de formación”, de natureza salarial, para conseguir un sector moderno e competitivo para a consecución dun emprego estable e de calidade dentro do mesmo, que deberán aboarlles aos seus traballadores nunha contía de 25 euros por 14 pagas durante a vixencia deste convenio, aquelas empresas que non cumpran algún destes requisitos:
1.- Non acrediten estar asociadas a unha organización empresarial representativa do sector.
2.- Non acrediten ter un plan de formación a nivel de empresa e formar así aos traballdores.
3.- Non acrediten a súa participación en plans agrupados de formación desenvoltos por algún sindicato.
Polo que, quedamos a espera de que nos confirmen a súa decisión, xa que no caso contrario dito complemento de formación comenzará a devengarse na nómina deste mes de maio, así como nos atrasos de convenio de xaneiro a abril do 2022.
Read more
Este mes lembrámoslle unha vez mais, a importancia de ter contratada a prevención de riscos laborais de tódolo seus centros de traballo, con independenza do tamaño da empresa (incluídos autónomos que contan polo menos cun traballador), da actividade que desenrrole ou do risco que xenere, a cal deberá ser realizada por empresas privadas adicadas a esta xestión, xa que é responsabilidade do empresario velar pola seguridade dos seus traballadores.
O incumprimento da obriga pode considerarse unha falta moi grave que acarrea importantes sancións, e incluso responsabilidades de índole penal no caso dun accidente de traballo que derive na morte do traballador, polo que deberán revisar si teñen cuberta dita obriga cun servizo de prevención e que está totalmente actualizada segundo o número de traballadores que contan actualmente
Read more
A normativa en materia de igualdade establece a obriga de tódalas empresas de elaborar un protocolo de prevención de acoso sexual ou por razón de sexo, tamén chamado “Protocolo de Acoso” con independenza do número de traballadores ou do convenio colectivo de aplicación, que articule as medidas necesarias de prevención frente o acoso sexual ou por razón de sexo, establecendo un canal confidencial, rápido e acesible para xestionar as queixas ou denuncias no ámbito interno da empresa, así como o procedemento a seguir no caso de que aconteza.
Nestes días, moitos centros de formación están a contactar coas empresas para ofertarlles este servizo, a través do correspondente crédito de formación da FUNDAE co que contan anualmente tódalas empresas, si ben ainda que se trata de empresas que están acreditadas oficialmente para impartir dita formación, moitas delas soamente lles darán a formación necesaria para que posteriormente sexan vostedes os encargados de elaborar dito protocolo, polo que aconsellámoslles que contacten co seu servizo de prevención, para que sexan eles os encargados de implantar as medidas necesarias en función do tamaño da súa empresa e garantirlles o cumprimento da obriga, podendo contar igualmente coa correspondente bonificación por formación continua.
Read more
Si vostede fixo a renda do 2020 con Nós, seguro que xa lle chegou un SMS, para informálos que nos vamos por en contacto con vostedes o longo destes tres meses para facerlle a renda do 2021. e, por eso non fai falla que veñan polas nosas oficinas, nin quenos chamen. En todo caso recomendamos que esperen a que a AEAT acaben de incorporar algunhos datos para evitar incidencias e para que aclare algunhos dúbidas.
Si vostede quere facer a renda pro primeira vez con Nós, chame a tno 988 253588 e xa lle informaremos como ten que proceder e intentaremos que non se teña que desprazar salvo que sexa necesario.
Read more