Circular Novembro 2019
En Ourense a 29 de Outubro do 2019.
SEGUNDO PRAZO RENTA 2018
Recordamoslles que na data 05/11/2019 será cargado o segundo prazo da renda do exercicio 2018, daqueles que solicitaron fraccionamento do pago.
FACTURAS SIMPLIFICADAS(Tickets)
A AEAT está a facer unha campaña de control das empresas que están obrigadas a realizar Tickets(facturas simplificadas) para saber si os que se emiten e entregan os clientesson os que se declaran nos libros e nasa utoliquidacións.
Recordamos a obriga de manter estas facturas ou tickets durante os catro anos seguintes dende que se realiza a declaración do exercicio. A dia de hoxe están obrigados a manter as do exercicio 2015,2016,2017 e 2018.
PECHE CONTABLE 2019
Convén que vaian facendo as estimacións das facturas pendentes de emitir e de recibir do presente ano para ir preparando o peche contable do exercicio 2019.
A AEAT cada vez está máis esixentenas contas e nas comprobacións e a inspección está a solicitar o INVENTARIO DE FIN DE ANO das actividades para logo intentar estudar e comprobar si cadran as contas.
Recordamos que deben de ser rigurosos na xestión da actividade e deben de coidar que todas as compras que realizan deben de sair como ventas ou estar no inventario de existencias. Esta fórmula é de importancia máxima para que poidan concordar todos os datos contables.
No caso das sociedades deben enviarnos os extractos bancarios ata o 31/10/2019 para poder axustar as contabilidades.
BAIXA DE TRIBUTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA 2020
No proxecto dos orzamentos para 2020 está prevista unha rebaixade impostos que poden ser de interés para telos en conta:
- A exención por herdeiro (pactos de mellora) pasa de 400.000 á 1.000.000 € sin vivenda habitual e entre familiares directos(pais, fillos e cónxuxes).
- A vivenda habitual de segunda mán sita no rural pasa do 7% o 5% do valor.
- Resto de vivendas de segunda man sitas no rural pasa do 10% o 6% do valor.
- Ampliase de 4º a 7º xeneración dos beneficios fiscais daherdanza de empresas familiares.
ENVIO DE DOCUMENTOS
Enviamos informe laboral correspondenteao 3º T 2019.
Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.
ASESORIA BIEITO,S.L.
Read more