CAMPAÑA INSPECCIÓN DE TRABALLO: EXPOSICION A ALTAS TEMPERATURAS

A inspección de traballo está levando a cabo unha campaña para comprobar os riscos derivados da exposición á condicións termo higrométricas extremas nos centros de traballo pola  exposición ás altas temperaturas. Para traballos en interior a temperatura debe estar comprendida entre 17ºC e 27ºC (traballos sedentarios) e entre 14ºC e 25ºC (traballos lixeiros) e no exterior deberán tomarse medidas para que os traballadores poidan protexerse das inclemencias do tempo.

A empresa debe establecer medidas organizativas para evitar que os traballadores sofran golpes de calor tales como: Limitar as actividades mais intensas nas horas centrais do día, establecer rotacións para reducir o tempo de exposición ou adaptar o horario da xornada laboral, posibilitar faguer maior número de descansos en zonas alexadas das fontes de calor e poñer a disposición dos traballadores puntos de suministro de auga fresca. Un golpe de calor pode provocar dende un desmaio ata o falecemento do traballador. Si a inspección advirte o incumplemento do deber de protección das persoas traballadoras en relación con estes riscos específicos, pode ser constitutivo dunha infracción grave ou moi grave sancionable coa correspondente multa de 2.451 € a 49.180 € para as infraccións graves e de 49.181 € a 986.736  para as moi graves.

image_pdfimage_print

SUBVENCIONS A CONTRATACION INDEFINIDA DE MULLERES DESEMPREGADAS “PROGRAMA MULLER 22”

Publicouse onte no DOGA unhas subvencións pola contratación indefinida inicial e a tempo completo de mulleres desempregadas, que se realicen dende o 01 de xaneiro de 2022 ata o 30 de setembro de 2022. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante dous anos, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra muller desempregada. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si actualmente a súa empresa conta con traballadoras que cumpren os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadoras, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. A contía da subvención será de 6.000 euros por cada contatación, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.

Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.

image_pdfimage_print

MEDIDAS AUTONOMOS 2022

Estase a negociar a nova cotización dos autónomos en función dos rendimentos, determinarase unhas bases e unhas cuotas que van dende 230 a 595 euros, pendentes de aprobar e que previsiblemente entrarán vigor no 2023, liquidando provisionalmente a cuota segundo estimación de rendimento e logo regularizandose cando se teñan os rendimentos.
Aqueles autónomos que inicien unha actividade económica ou profesional deberán realizar unha declaración de previsión dos rendementos económicos netos no momento da alta, e para aqueles outros que xa figuren de alta no momento da entrada en vigor desta norma, deberán regularizar a súa situación cun proceso de comunicación destes datos antes do 31 de outubro de 2023.
A recaudación será ata 6 veces ao ano en lugar dos 4 actuais, para adaptalas ós seus rendementos, ainda así irémolos informando sobre esta última cuestión a medida que vai tomando desenrrolo dita norma.

image_pdfimage_print

PRÓRROGA DAS MEDIDAS ECONÓMICAS E SOCIAIS (R.D.L)


O goberno aprobou o sábado 25 unha prórroga das medidas adoptadas para paliar os efectos da guerra de Ucrania, que enunciamos de xeito breve:

  1. Unha axuda de 200€ para persoas físicas con baixo nivel de ingresos.
  2. Prórroga durante 3 meses dos aplazamentos das cuotas da S.Social e autónomos.
  3. Baixa do IVA da luz de 10% ó 5% para consumidores con potencia < 10KW.
  4. Manter a baixada de imposto de electricidade de 5,1% a 0,5%. Manter o desconto dos 20 ceéntimos nos combustibles.
  5. Aumento transitorio do Ingreso Mínimo Vital, pensións non contributivas.
  6. Conxélase o prezo da bombona en 19,55€.
  7. Suspensión dos deshaucios das vivendas habituais en fogares vulnerables.
  8. Non incrmentar nen actualizar os alugueres máis do 2% da renta.
  9. Reducións do abono do trasnporte: ainda por desenvolver.
  10. Outras medidas específicas para transportes e sector agricola-gandeiro, xunto con novas líneas de financiación.
image_pdfimage_print
Contacta