Bono para as persoas autónomas, persoas físicas ou socios de sociedades

Ata  o 80% do gasto da actividade subvencionada cun máximo de 3.000  euros.

Os autónomos q teñen que contar cunha antigüidade de 42 meses (3,5 anos), sexan persoas físicas ou socios dunha sociedade mercantil ou civil, e nestes casos téñense en conta os datos da sociedade.

Rendemento Neto Reducido/Base impoñible de IS do 2018  < 30.000 €

Facturación  con IVA 2.018 > 12.000

Facturas Xustificativas de gasto ou investimento e xustificantes bancarios entre 3/7 e 31/12

Certificado dixitalà Tramitase electrónicamente. Comunicacións por medio Notifica.gal

Non poden acollerse os que cobraran nas 2 anteriores convocatorias

Os autónomos en réxime familiar.

MELLORA DA COMPETITIVIDADE A TRAVES DOS SEGUINTES:

Linea 1=SERVIZOS Línea 2 = INVESTIMENTO
·         Investigación do mercado

·         Plan de Marketing

·         Plan de Comunicación do negocio

·         Plan estratéxico

·         Plan de crecemento: constitución

·         Plan de reorientación do negocio.

·         Plan de uso das novas tecnoloxías

·         Plan de refinanciación.

·         Compra de maquinaria

·         Compra de ferramentas e utillaxe

·         Reforma do local de negocio(non domicilio habitual do autónomo)

·         Equipos informáticos

·         Rótulos

·         Aplicacións informáticas e páx. Web.

·         Creación de logotipo de negocios

·         Mobiliario

 

Pódense combinar as 2 lineas pero atenderase primeiro a línea 1 e logo a dúas co límite 3.000

REXISTRO DE XORNADA PARA TRABALLADOR@S OBRIGATORIO PARA AS EMPRESAS (Dende 12 de maio de 19)

O RDL 8/2019 establece o rexistro de xornada diaria obrigatorio para tódalas empresas dende o 12 de maio do 2019, establecendo como infracción grave o incumprimento do mesmo.
Mediante o Real Decreto Lei 8/2019, de 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, o Goberno trata de garantir o cumprimento horario nas empresas e facilitar o control do mesmo pola Inspección.

OBRIGATORIEDADE DE REXISTRO DIARIO DE XORNADA
Establecese a obrigatoriedade para as empresas de garantir un REXISTRO DIARIO DE XORNADA, QUE DEBERÁ INCLUIR O HORARIO CONCRETO DE INICIO E FINALIZACIÓN DA XORNADA DE TRABALLO DE CADA PERSOA TRABALLADORA, sin perxuizo da flexibilidade horaria.

Dado que a norma non especifica o medio co que se debe realizar dito rexistro queda en mans da empresa, previa consulta cos representantes dos empregados o modo de documentar dito rexistro, entendemos que pode ser dende reloxos analóxicos de fichaxe ata aplicación informáticas. Hai que ter en conta que ditos sistemas de control non choquen contra o dereito a intimidade e protección de datos.

Poñemos a súa disposición en formato papel un modelo, que debe ser cuberto e asinado tódolos días, no que se rexistran os datos solicitados según o RDL 8/2019, no caso de non optar por medios informáticos ou analóxicos e en falta de negociación sobre o medio de rexistro. Este modelo poderán descargalo na nosa páxina Web www.bieito.com, ou solicitárnolo nas nosas oficinas, e o cal terán que facer copias para cada traballador e mes.

CONSERVACIÓN DO REXISTRO DURANTE 4 ANOS.
A empresa está obrigada a conservar este rexistro durante 4 anos e os traballadores, sindicatos e Inspección terán dereito a poder consultalo.
INFRACCIÓN GRAVE
O non cumprimento da obrigación do rexistro será calificado de infracción grave, polo tanto de 626 a 6.250 euros de multa.
A parte da sanción pode ser obxecto de reclamación por parte do traballador que non esté realizando por algún medio iste seguimento de control horario.

OBRIGA DOS AUTÓNOMOS DE INCORPORARSE O SISTEMA RED

A Orde Ministerial ESS/214/2018, de 1 de marzo que modifica a Orde ESS/484/2013, establece a obriga dos traballadores por conta propia ou autónomos de incorporarse dende o 01 de Outubro o sistema RED para realizar os trámites no ámbito da Seguridade Social por vía electrónica, incluída a recepción e firma das notificacións.

Para cumplir con esta obriga pódese xestionar directamente a través da Sede Electrónica (SEDESS) ou mediante o Sistema RED, na que un autorizado actúa na túa representación. Para optar pola autorización da representación, rogamos contactar con nos o antes posible para iniciar os trámites mediante o Certificado Dixital.

Ampliar Información

FOMENTO DE CONTRATACIÓN MOZOS E MOZAS MENORES DE 30 ANOS

O 13 de Abril publicase no DOGA a Orde do de 27 de marzo de 2018 que establece as bases reguladoras dun programa a favor da contratación e formación de xoves. Inclúense dous tipos de axudas pola contratación de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos:

-Bono contratación, subvención dende 5.000€ para contratación mínima de 12 meses de persoas desempregadas xoves menores de 30 anos.

-Bono formación, para levar a cabo accións formativas que melloren coñecementos e habilidades relacionadas co posto de traballo, dirixido a persoas contratadas por medio desta orde.

Ampliar Información

Axudas para fomento e consolidación do emprego e as empresas de inicitiva de emprego con base tecnolóxicoConsellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Descargar DOG en PDF

Axudas para promoción do emprego autónomo e contratación indefenida de asalariados e Industria

EXTRACTO da Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2018. Programa de emprego autónomo.

Descargar DOG en PDF

Contacta