O mércores 19 de outubro entrou en vigor da nova Lei 18/2022 de Creación e crecemento de empresas

CUESTIONS MÁIS SALIENTABEIS:

1º.-Posibilidade de constituir Sociedades Limitadas dende 1€ de capital en vez de 3.000€.
2º.-Abaratamento de custes e trámites en 24 horas na constitución da S.L.
3º.-Posibilidade de que os autónomos se den de alta e se inscriban no Rexistro como emprendedores de Responsabilidade Limitada, poidan protexer a súa vivenda habitual e bens da empresa das débedas con terceiros.
4º.-Obrigatoriedade de implantar a factura dixital en 24 meses que vai valer para controlar data de emisión, prazo de pagos, modificacións e trazabilidade, polo tanto débense ir incorporando softwares adaptados. Establécense sancións para incumprimentos.
5.-Obrigatoriedade de cumprir prazos de pagos. Si hai morosidade impedimentos para subvencións e contratación de obra pública e posibilidade de aparecer en listado de morosos.
6.-Ampliación da liberalización de actividade exentas de licencia (son máis ben administrativas), cambios na normativa do crowfunding, sociedades en benefico do interés común e inscripción de sociedade civiles. Estas son algunhas das medidas, pero pendente de aprobar o Regulamento, da implantación dos distintos organismos, aparte dos requisitos que se teñen que cumprir para acollerse a elas e das consecuncias que vas ter que asumir.

CAMPAÑA INSPECCIÓN DE TRABALLO: EXPOSICION A ALTAS TEMPERATURAS

A inspección de traballo está levando a cabo unha campaña para comprobar os riscos derivados da exposición á condicións termo higrométricas extremas nos centros de traballo pola  exposición ás altas temperaturas. Para traballos en interior a temperatura debe estar comprendida entre 17ºC e 27ºC (traballos sedentarios) e entre 14ºC e 25ºC (traballos lixeiros) e no exterior deberán tomarse medidas para que os traballadores poidan protexerse das inclemencias do tempo.

A empresa debe establecer medidas organizativas para evitar que os traballadores sofran golpes de calor tales como: Limitar as actividades mais intensas nas horas centrais do día, establecer rotacións para reducir o tempo de exposición ou adaptar o horario da xornada laboral, posibilitar faguer maior número de descansos en zonas alexadas das fontes de calor e poñer a disposición dos traballadores puntos de suministro de auga fresca. Un golpe de calor pode provocar dende un desmaio ata o falecemento do traballador. Si a inspección advirte o incumplemento do deber de protección das persoas traballadoras en relación con estes riscos específicos, pode ser constitutivo dunha infracción grave ou moi grave sancionable coa correspondente multa de 2.451 € a 49.180 € para as infraccións graves e de 49.181 € a 986.736  para as moi graves.

REDUCION DE RESTRINCIÓNS HOSTELERIA 29-01-2022

A Xunta aprobou novas medidas que supon una reducción de restrincións e que entran mañá sábado 29 e son as seguintes:

  • Queda sin efecto os impedimentos de reunión entre as 3 e 6 da madrugada dos venres, sábados e domingos.
  • Na hosteleria poderán pechar durante a semán a 1 da madrugada e a noites dos veres, sábados e vesperas de festivos a 1:30, e poderán agruparse   8 persoas nos interiores e 15 nas terrazas.
  • Poderá consumirse nas barras diferenciando espazo de clientes e persoal e  celebrar cóteis con xente de pé.
  • O lecer nocturno: pubs e cafés espectáculopoderá abrir ata as 4 da mañá durante a semán e as noites dos venres, sa´bados e vésperas de festivos ata as  4,30  e as discotecas poden abrir ata as 5 da mañá.
  • Mantense  a obriga para entrar do certificado COVID ou proba.

Está pendente de publicación o Protocolo a seguir no Entroido

Enlace con Doga https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2022/20220127/2878/AnuncioC3K1-270122-1_gl.pdf

SISTEMA DE ENVIO DE NÓMINAS ÓS TRABALLADORES VIA EMAIL

En Asesoría Bieito sempre buscamos o xeito de mellorar os nosos servizos, polo que nesta ocasión poñemos a súa disposición a posibilidade de faguer o envio dos recibos de salarios dos seus traballadores de maneira individualizada por email, aforrando con elo tempo e custos para a empresa. Para elo, previamente, a empresa deberá contar cunha autorización do traballador comunicando o seu enderezo electrónico, polo que no caso de estar interesados poñerse en contacto con nós ben sexa por teléfono coa súa responsable, ou ben no correo electrónico laboral@bieito.com

INFORMACIONS 15-10-2021

Manteñense as mesmas medidas e aforos da semán pasada e anunciase que na semán que ven o remate do estado de emerxencia sanitaria en Galicia.

SANCIONS DE 50.000 € PARA OS NEGOCIOS QUE MANTEÑAN SOFTWARE DE DOBRE USO

O dia 11 de outubro entrou en vigor o apartado 4 do artigo 13 da lei antifraude que posibilita sancionar os autónomos e empresas pola fabricación, comercialización ou pola mera tenencia de Software de dobre uso: é decir programas diseñados para ocultar parte ou todo da contabilidade para evitar declarar a AEAT, tickes de TPV ou Rexistradoras que emiten xustificante para o cliente pero non quedan rexistrado na contabilidade e non se declara.

O apartado 21 do mesmo artigo tamén vai sancionar con 50.000 € aqueles programas (Software) que non estén debidamente certificados da sua Integridade segundo se estipule reglamentariamente.

Aparte dos 50.000€ poderán verse sometidas as regularizacións e sancións das cantidades que se detecten e que non foran declaradas.

Contacta