27-12-2021 MENSAXE LABORAL SUSCEPTIBILIDADE ENFERMIDADE PROFESIONAL

Estimad@ client@:


Tódalas empresas que teñan que cubrir postos de traballo con risco de enfermedades profesionais están obrigadas a practicar un recoñecemento médico previo a admisión dos traballadores que vaian ocupar ditos postos, así como de faguer recoñecementos periódicos.

Corresponde o seu servizo de prevención determinar qué postos son susceptibles de xenerar enfermidade profesional e elo debe quedar reflictido na evaluación períodica de riscos que teñen contratada. Pois ben, exclusivamente sobre aqueles traballadores que ocupen ditos postos de traballo, surxe a obriga de reportar a súa mutua de accidentes de traballo o resultado do informe clínico sobre a aptitutde do traballador para continuar o seu desempeño, xa que a empresa poderá incurrir nunha responsabilidade grave no caso de recoñecerse unha prestación económica ó traballador se queda acreditado o incumprimento de dita obriga. Por iso deben poñerse en conctato co seu servizo de prevención para que eles lles valoren si na empresa existen postos susceptibles de causar enfermidade profesional a algún dos seus traballadores.

Un saúdo
Asesoria Bieito

COMUNICACIÓN PREVIA ALTA TRABALLADORES EN DIAS INHÁBILES

En previsión das vindeiras datas nas que algunhas empresas poidan necesitar a contratación de traballadores de maneira extraordinaria e urxente nun festivo ou día inhábil, comunicarlles que a administración non está a admitir a comunicación previa da contratación nin  via fax nin por correo electrónico, polo que únicamente será válida dita comunicación por rexistro electrónico da seguridade social, precisando para elo estar a disposición do certificado dixital para poder autenticarse. O enlace no que deberán entrar será https://sede.seg-social.gob.es/wps/portal/sede/sede/Inicio/RegistroElectronico e comunicar os datos da contratación, remitíndonos copia do xustificante e a documentación dos traballadores o email laboral@bieito.com

SISTEMA DE ENVIO DE NÓMINAS ÓS TRABALLADORES VIA EMAIL

En Asesoría Bieito sempre buscamos o xeito de mellorar os nosos servizos, polo que nesta ocasión poñemos a súa disposición a posibilidade de faguer o envio dos recibos de salarios dos seus traballadores de maneira individualizada por email, aforrando con elo tempo e custos para a empresa. Para elo, previamente, a empresa deberá contar cunha autorización do traballador comunicando o seu enderezo electrónico, polo que no caso de estar interesados poñerse en contacto con nós ben sexa por teléfono coa súa responsable, ou ben no correo electrónico laboral@bieito.com

Contacta