27-12-2021 MENSAXE LABORAL SUSCEPTIBILIDADE ENFERMIDADE PROFESIONAL

Estimad@ client@:


Tódalas empresas que teñan que cubrir postos de traballo con risco de enfermedades profesionais están obrigadas a practicar un recoñecemento médico previo a admisión dos traballadores que vaian ocupar ditos postos, así como de faguer recoñecementos periódicos.

Corresponde o seu servizo de prevención determinar qué postos son susceptibles de xenerar enfermidade profesional e elo debe quedar reflictido na evaluación períodica de riscos que teñen contratada. Pois ben, exclusivamente sobre aqueles traballadores que ocupen ditos postos de traballo, surxe a obriga de reportar a súa mutua de accidentes de traballo o resultado do informe clínico sobre a aptitutde do traballador para continuar o seu desempeño, xa que a empresa poderá incurrir nunha responsabilidade grave no caso de recoñecerse unha prestación económica ó traballador se queda acreditado o incumprimento de dita obriga. Por iso deben poñerse en conctato co seu servizo de prevención para que eles lles valoren si na empresa existen postos susceptibles de causar enfermidade profesional a algún dos seus traballadores.

Un saúdo
Asesoria Bieito

10-01-2022 FACTURAS E INVENTARIO

Deben de enviarnos cantos antes as facturas e documentos que ainda non nos enviaran do 4º Trimestre do 2021 para facer as declaracións. Asi como os extractos bancarios e a obrigación de facer un *INVENTARIO* a 31-12 das Existencias que a AEAT pode esixir en calqueira momento. Recordámoslles que no 2021 xa enviaramos circular para informar do interés e obrigación de ter feita a contabilización de xeito inmediato.


Tamén queremos recordar que seguimos ca pandémia, o que supón que deben de contactar con Nós cando sexa necesario algunha cita presencial (xa que moitos de Nós están teletraballando), intentando sustituilas por chamadas, videoconferencia, e os envios de documentos polos sistemas que temos establecidos, evitando contactos físicos que non sexan necesarios. GRAZAS!

INFORMACIONS 15-10-2021

Manteñense as mesmas medidas e aforos da semán pasada e anunciase que na semán que ven o remate do estado de emerxencia sanitaria en Galicia.

SANCIONS DE 50.000 € PARA OS NEGOCIOS QUE MANTEÑAN SOFTWARE DE DOBRE USO

O dia 11 de outubro entrou en vigor o apartado 4 do artigo 13 da lei antifraude que posibilita sancionar os autónomos e empresas pola fabricación, comercialización ou pola mera tenencia de Software de dobre uso: é decir programas diseñados para ocultar parte ou todo da contabilidade para evitar declarar a AEAT, tickes de TPV ou Rexistradoras que emiten xustificante para o cliente pero non quedan rexistrado na contabilidade e non se declara.

O apartado 21 do mesmo artigo tamén vai sancionar con 50.000 € aqueles programas (Software) que non estén debidamente certificados da sua Integridade segundo se estipule reglamentariamente.

Aparte dos 50.000€ poderán verse sometidas as regularizacións e sancións das cantidades que se detecten e que non foran declaradas.

Contacta