Prórroga ERTEs e prestación autónomos 29/09/2020

O Consello de Ministros adoptou onte martes 29 os seguintes acordos:

·PRÓRROGA DOS ERTEs ata o 31 de xaneiro do 2021.
Mantéñense as prestacións do 70% e distinguen 3 tipos de ERTEs:
-ERTEs de supensión. Con exoneración de cuotas do 100%.
-ERTEs por limitación de Actividade. Con exoneración de cuotas do 100%, 90%, 70% e 60% para os vindeiros catro meses respectivamente.
-ERTEs para aqueles sectores máis afectados (hai un listado de actividades destes sectores segundo CNAE). Cunha exoneración de cuotas do 85%

·PRESTACIÓNS AUTÓNOMOS:
Extensión e ampliación das axudas para autónomos ata o 31 de xaneiro, creando unha nova prestación extraordinaria para a suspensión da actividade e unha para ingresos baixos.
Iremos enviando máis detalladamente estas informacións nos próximos días na medida que se publiquen e se poidan solicitar.

Asesoría Bieito.

Restriccións O Couto 23/09/2020

Sanidade e algunhos medios publicaron as novas restrincións para máis rúas do Couto, que están pendentes de publicar no DOG, e está previsto que entren en vigor hoxe as 00:00 horas:

Son a Rúas e a zona interior destas Rúas. O barrio do Couto.
• Progreso (dende Ponte Romana ata o cruce da Praza de Abastos)
• Irmáns Xesta
• Avenida de Portugal (ata cruce ca rúa Irmáns Xesta)
• Camino Lobisome
• Salto do Can
• Carballo
• Sobreira
• Nacional 525 (dende o cruce ata o cruce da avenida Ribeira Sacra)
• Avenida Ribeira Sacra hasta Ponte Romana .
• A maiores das quese restrinxiron o sábado Antonio Puga, Doctor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal
• RESTRINCIONS:
• Reunións privados só cinco persoas( no resto de Ourense 10)
• Bares e cafeterías non poden atender no interior, só en terrazas ao 75% e grupos de 5 persoas.
• Os restaurantes poderán servir no interior cun máximo de 5 persoas por mesa.
• O límite de 5 persoas estendese para todas as demáis actividades.
• Para os eventos deportivos con público, cines, teatros, auditorios, circos de toldo e semellantes, admáis de congresos e conferencias, o aforo debe ser do 50%, con máximo 30 perosas.

Adxuntamos mapa da zona das restrincións.



ASESORIA BIEITO

NOVAS RESTRINCIÓNS EN OURENSE

Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avda portugal(Dende Ervedelo ata Irmáns Xesta)
Acabase de publicar no Doga novas medidas de restrincións que entran en vigor as 00:00 horas de mañá dia 19:
1.-Reunións privadas máximo 5 persoas. E mantense a regra xeral do 50% para establecementos e actividades.
2.-Proibese a atención no interior de bares e cafeterias, só poden atender nas terrazas en mesas de 5 persoas e o 50% do seu aforo.
3.-Os Restaurantes poden atender no interior como máximo a 5 persoas por mesa e o 50% de aforo mantendo a distancia interpersonal entre comensales.
Restrincións específicas:bodas, cine,bibliotecas,hoteis, museos…(que neste caso non hai)
DOG 18 de setembro Ourense: Download


RESTRINCIÓNS CONCELLO DE VERÍN pasa a lista de concellos con restrincións como xa está Ourense, salvo nas 4 rúas mencionadas que se amplian hoxe, as restrincións son:
1.-Aforos de comercios, bares e restauración ó 50%, proibido atender na barra, terrazas ó75%. Discotecas e pubs só nas terrazas ata o 75%. Todos teñen que pechar a unha damadrugada e deixar de atender a clientes a partir das 00:00 horas.
2.- Limitación de reunións privadas e pública de 10 persoas.
3.- Limitacións de aforos en celebracións, veloiros e lugares de culto ó 50%.
DOG 18 setembro Verín: Download


RESTINCIÓNS PARA ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA. Si se vai participar en actividade deportiva federada que sexa posible o contacto físico, hai que utilizar máscara.

Restricións lecer noturno

Onte a mañá enviamos unha información que era exclusivamente para os negocios e empresas ubidados no Concello de Ourense.

Onte publicouse no Doga unha orden de sanidade aplicable para toda Galiza na que autoriza os establecementos de discoteca e de lecer nocturno, pubs, cafes-espectáculos, salas de festas, e sala de concertos, poidan desempeñar a sua actividade, atendendo exclusivamente en terrazas ao aire libre ao 75% do seu aforo sin poder instalar barras e respectando o horario de peche da unha da madrugada, proibindo o acceso ao local a partir das 00,00 horas, mantendo a distancia de seguridade e non superando 10 persoas por mesa.

Estas medidas serán de aplicacións para os concellos e espazos de restricións xa establecidos. Taméns se estableceron restrincións para os Cocellos de Lalin,A Garda, O Rosal, Laxe,Poio e Vilaboa.

Restriccións Concello de Ourense 02/09/2020

Acordo da Xunta de Galicia de 20 páxinas que entra en vigor as 00:00 horas de mañá xoves 3 de setembro (dentro duns minutos) e que afecta AO CONCELLO DE OURENSE coas seguintes restrincións:

  1. O aforo dos establecementos de comercio, servizos profesionais, hosteleria son do 50% no interior e nas terrazas, eliminando o servizo na barra. O consumo debe facerse en mesa sin superar 10 persoas e respectando a distancia interpersoal.
  2. Peche das actividades de festas, verbenas, atracción de feiras e otros eventos.Peche dos Centros de día e ocupacionais, agás terapias individuais.Proibidas as visitas e saidas dos centros residenciais. Limitación de veloiros e enterros a 10 persoa en centros pechados e 25 o aire libre.
  3. As reunións como máximo de 10 persoas, salvo que sexan convivintes.
  4. Redución de aforo ao 50%, para prácticamente todo: biblioteca, academias, autoescolas, centros privados de enseñanza e lugares de culto(igrexas), teatros, cine, auditorios
  5. hai máis medidas para o resto dos sectores e eventos especiais que se poden comprobar na orden que se envia.

Recordamos que hai un réximen de sancions para incumprimentos. E que o seguimiento e inspección poderase facer por parte do Concello

Para máis información, consultar o DOG aquí: Download

Cargos de cuotas e cotizacións

Lembramos que o lúns 31 de agosto:

  1. Cargan o 50% das cuota de autónomo a todos que durante estes meses recibiron a prestación extraordinaria e non pagaron a cuota, non sabendo que vai pasar cos que teñen solicitado a prestación ordinaria, que en todo caso deberá quedar exenta na sua totalidade.
  2. En canto as cotizacións dos traballadores, van cargar as cotizacións do mes de xullo, que serán integras para aquelas empresas que no mes de xullo xa tiñan a todos os traballaldores rescatados do ERTE, e as que tiñan algún traballador en ERTE, a cotización será do 65% e dos traballadores que rescataron do 40%.

Agardando as novas medidas

As novas medidas de restrincións ou limitacións do COVID19 que aprobaron hoxe no Consello Interterritorial de Saude e que están saindo nos medios de comunicación ainda non entraron en vigor:

peche dos establecementos de ocio nocturno, peche de hosteleria as 01:00 horas, garantir distanciamento de 1,5 m. na barra…

Agora ten que ser aprobadas pola Xunta de Galicia, que poderá incremetalas. A Xunta de momento non informou de cando se van aprobar, en todo caso, cando se publiquen no DOGA o comunicaremos e informaremos con detalle o antes posible.

Contacta