Agardando as novas medidas

As novas medidas de restrincións ou limitacións do COVID19 que aprobaron hoxe no Consello Interterritorial de Saude e que están saindo nos medios de comunicación ainda non entraron en vigor:

peche dos establecementos de ocio nocturno, peche de hosteleria as 01:00 horas, garantir distanciamento de 1,5 m. na barra…

Agora ten que ser aprobadas pola Xunta de Galicia, que poderá incremetalas. A Xunta de momento non informou de cando se van aprobar, en todo caso, cando se publiquen no DOGA o comunicaremos e informaremos con detalle o antes posible.

Normativa tabáco nas terrazas

A xunta aprobou hoxe unha orden que acaba de publicar no DOGA e entra en vigor dentro de media hora (as 24:00 horas), na que modifica o Acordo do 12 de xuño sobre medidas de prevención necesarias para facer frente a crísisis sanitaria ocasianada polo COVID 19, engadindo o seguinte apartado:

“No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou espazos ao aire libre, incluidas as terraza, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas “

Tamén se aprobaron sendas ordens que afectan o manteñemento das medidas de prevención na Zona de mariña lucense e novas medidas para os Concellos da área da Coruña

31 de xullo de 2020

  • Recordamos que o lúns e martes enviamos circular e Factura o seu correo electrónico que cargarán maña na sua conta do Banco.
  • Todos os autónomos que recibirán prestación da mútua, hoxe non lle cargaran o recibo de autónomo, e os que solicitaron a prestación ordinaria tampoco.
  • Hoxe cargan no banco as cotizacións das empresas do mes de xuño: polos traballadores que siguen no ERTe a cotización é do 55%, e polos traballadores que se rescataron do ERTE e xa están traballando, a cotización é do 30%. Para iste mes que se cotiza en agosto suben 10 puntos.

Sobre a máscara e normativa

No día de hoxe publicase no DOGA unha Resolución da Xunta que entra en vigor mañá domingo 19 de carácter xeral pero que afecta a establecementos comerciais, profesionais e de hosteleria, e que ven a establecer:

  1. Obrigatoriedade do uso da máscara en todo momento, tanto na vía pública, en espazos o aire libre como os pechados abertos o público, ainda que se podea garantír a distanica de 1,5 metros.
  2. A máscara deberá cubrir desde o tabique nasal o queixo(mentón) e non deberá ter válvula exhalatoria.
  3. Non fai falla utilizala:
    1. Nos establecementos de hosteleria e restauración exclusivamente no momento expecífico de consumo.
    2. Nos vehículos privados si van ocupados por persoas que convivan no mesmo domicilio.
    3. Nas praias e piscinas durante o baño ou toma do sol si se respecta a distancia a outras persoas que non sexan conviventes.
    4. Deporte individual o aire libre, sempre que se poida manter distancia de 2 metros e nos interiores a distanica de 1,5 mtros.
  4. En todos os demáis establecementos: comercios, empresas, fábricas, actividades profesionais deberán permanecerse ca máscara en todo momento e seguindo o establecido nos protocolos específicos para determinados colectivos.
  5. Queda prohibido o consumo de bebidas alcohólicas na via pública (“botellón”)

Exención cuota autónomos

Remataron o pago da prestación extraordinaria pero manteñense a exención do pago da cuota no mes de Xullo, e para agosto e setembro a exención vai ser do 50% e 25%.

EXISTE POSIBILIDADE DE SOLICTAR UNHA NOVA PRESTACION DE AUTÓNOMOS para este trimestre si hai unha redución do 75% dos ingresos con respecto o do ano pasado.

MAIS INFORMACION no Correo electrónico que enviamos hoxe e en www.bieito.com

Aviso 13/04/2020

1.-ESTADO DE ALARMA: para contactar con Nós mellor fagao por Teléfono, correo electrónico ou polo Whatsapp da oficina, os números e direccións  de sempre que pode consultar en www.bieito.com

2º.-Para enviarnos facturas e documentos podeo facer por medio de correo electrónico ou postal, dropbox, google drive, sempre escaneando osdocumentos ainda que sexa polo móbil ou polos serviciosde mensaxeria preferentemente ORENSERVI e NACEX.

3º.-PRESENTACIÓNS DO 1º TRIMESTE: O prazo de presentación de autoliquidacións remata o 20 de abril, pero si se quere domiciliar o prazo é do 15 de abril. Anunciouse unha ampliación de przo á maio pendente de aprobación. E estas autoliquidacións pdoeranse aprazar 6 meses pagando intereses só por tres.

Paralización actividade do día 29 de marzo

Xa se publicou a relación de todas as actividades que se paralizan dende o día de hoxe. Mandámoslle o Real Decreto Lei para que poida comprobar e ainda que non están recollidas indiviudalizadas, manteñen algunha ambiguedade e no anexo aparecen recollidas en 25 números. Para aquelas actividades que non dán parado maña, deixanlle traballar o luns día 30.

Download

Contacta