07-01-2022 SUBIDA CUOTA AUTÓNOMOS ANO 2022

Estimad@ client@:

A partir do 1 de xaneiro do 2022 aqueles autónomos que cotizan pola base mínima pasarán a pagar 293,94 euros mensuais sendo a sua base de cotización de 960,60 euros.

Respecto a os autónomos societarios, a sua cuota tamén ascenderá a 377,87 euros mesuais situandose nunha base de cotización de 1.233,24 euros.

Aqueles outros que esten cotizando por unha base superior a mínima tamén se vera incrementada, xa que o tipo a aplicar situase dun 30,3% a un 30,6% sobre dita base.

Recordarlles que exiten 4 prazos o logo do ano para cambios das bases de cotizaci´ón: ata o 31 de marzo con date de efectos do 01 de abril, ata o 30 xuño con date de efectos do 01 de xullo, ata o 30 de setembro con data de efectos do 01 de outubro e por último, ata o 31 de decembro que tomará efectos dende 1 de xaneiro do ano seguinte.

COMUNICACIÓN PREVIA ALTA TRABALLADORES EN DIAS INHÁBILES

En previsión das vindeiras datas nas que algunhas empresas poidan necesitar a contratación de traballadores de maneira extraordinaria e urxente nun festivo ou día inhábil, comunicarlles que a administración non está a admitir a comunicación previa da contratación nin  via fax nin por correo electrónico, polo que únicamente será válida dita comunicación por rexistro electrónico da seguridade social, precisando para elo estar a disposición do certificado dixital para poder autenticarse. O enlace no que deberán entrar será https://sede.seg-social.gob.es/wps/portal/sede/sede/Inicio/RegistroElectronico e comunicar os datos da contratación, remitíndonos copia do xustificante e a documentación dos traballadores o email laboral@bieito.com

SISTEMA DE ENVIO DE NÓMINAS ÓS TRABALLADORES VIA EMAIL

En Asesoría Bieito sempre buscamos o xeito de mellorar os nosos servizos, polo que nesta ocasión poñemos a súa disposición a posibilidade de faguer o envio dos recibos de salarios dos seus traballadores de maneira individualizada por email, aforrando con elo tempo e custos para a empresa. Para elo, previamente, a empresa deberá contar cunha autorización do traballador comunicando o seu enderezo electrónico, polo que no caso de estar interesados poñerse en contacto con nós ben sexa por teléfono coa súa responsable, ou ben no correo electrónico laboral@bieito.com

INFORMACIONS 15-10-2021

Manteñense as mesmas medidas e aforos da semán pasada e anunciase que na semán que ven o remate do estado de emerxencia sanitaria en Galicia.

SANCIONS DE 50.000 € PARA OS NEGOCIOS QUE MANTEÑAN SOFTWARE DE DOBRE USO

O dia 11 de outubro entrou en vigor o apartado 4 do artigo 13 da lei antifraude que posibilita sancionar os autónomos e empresas pola fabricación, comercialización ou pola mera tenencia de Software de dobre uso: é decir programas diseñados para ocultar parte ou todo da contabilidade para evitar declarar a AEAT, tickes de TPV ou Rexistradoras que emiten xustificante para o cliente pero non quedan rexistrado na contabilidade e non se declara.

O apartado 21 do mesmo artigo tamén vai sancionar con 50.000 € aqueles programas (Software) que non estén debidamente certificados da sua Integridade segundo se estipule reglamentariamente.

Aparte dos 50.000€ poderán verse sometidas as regularizacións e sancións das cantidades que se detecten e que non foran declaradas.

INFORMACIÓNS

Publicouse no Doga as seguintes medidas que entran mañá dia 27 en vigor e na que se  prorroga a orden do 22 de outubro, modificandoa para que se permita realizar cócteis e actos de recepción con aperetivo de pé, pero no momento de retirar a máscara debe respectarse a distancia interpersoal.

Estos grupos como as mesas ou agrupación destas  en hosteleria e ocio nocturno só poderán ser de 8 persoas no interior  e 15 na terraza(ata agora 10 e 20).O Tribunal Superior de Galicia acaba de anunciar que aproba o acordo Xunta-Hosteleria(pendente de publicar e con probabilidade de entrada en vigor de mañá sábado) de que se Solicite os clientes o Certificado Covid ou proba negativa Covid nos Restaurantes durante todo o seu horario de apertura e nos bares e cafeterias a partir das 21 horas (como xa se esixe no ocio nocturno).

Restricións lecer noturno

Onte a mañá enviamos unha información que era exclusivamente para os negocios e empresas ubidados no Concello de Ourense.

Onte publicouse no Doga unha orden de sanidade aplicable para toda Galiza na que autoriza os establecementos de discoteca e de lecer nocturno, pubs, cafes-espectáculos, salas de festas, e sala de concertos, poidan desempeñar a sua actividade, atendendo exclusivamente en terrazas ao aire libre ao 75% do seu aforo sin poder instalar barras e respectando o horario de peche da unha da madrugada, proibindo o acceso ao local a partir das 00,00 horas, mantendo a distancia de seguridade e non superando 10 persoas por mesa.

Estas medidas serán de aplicacións para os concellos e espazos de restricións xa establecidos. Taméns se estableceron restrincións para os Cocellos de Lalin,A Garda, O Rosal, Laxe,Poio e Vilaboa.

Cargos de cuotas e cotizacións

Lembramos que o lúns 31 de agosto:

  1. Cargan o 50% das cuota de autónomo a todos que durante estes meses recibiron a prestación extraordinaria e non pagaron a cuota, non sabendo que vai pasar cos que teñen solicitado a prestación ordinaria, que en todo caso deberá quedar exenta na sua totalidade.
  2. En canto as cotizacións dos traballadores, van cargar as cotizacións do mes de xullo, que serán integras para aquelas empresas que no mes de xullo xa tiñan a todos os traballaldores rescatados do ERTE, e as que tiñan algún traballador en ERTE, a cotización será do 65% e dos traballadores que rescataron do 40%.
Contacta