Información COVID19 14/10/2020

Como vostedes saberán, Sanidade acordou, pero está pendente de publicar no Doga, aínda que vai entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves o seguinte:
1º.-Limitación das xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas.
2º.-Restrinxir a mobilidade perimetral entre os concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios.
3º.- Decidiuse elevar ao nivel 3 de restrición no concello de Verín, no que siguen as restricións de xuntanzas a grupos de persoas que non viven xuntas. Lembramos que bares e cafeterías limitaranse a atender nas terrazas a grupos de persoas que viven xuntas. Os restaurantes poden servir tamén no interior, cun aforo limitado ao 50%.
4º.-Entra en nivel 2 a comarca de Celanova. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra
5º.- Manteñense todas as restrincións establecidas con anterioridade.

ASESORIA BIEITO

Información COVID19 08/10/2020

Xa se publicou a orden das restrincións de mobilidade de Ourense e Barbadás, así como as restrincións dos Concellos de varias Comarcas da provincia que entran en vigor hoxe. Dado que a orden está recollida toda a normativa, enviasmosvola porque vale como documento de referencia para consultar todos os aspectos. As medidas concretas están recollidas no Anexo I para os demáis Concellos, e no Anexo II para Ourense e Barbadás.

Pode descargar o DOG aquí: Download

ASESORIA BIEITO

Información COVID19 07/10/2020

As restrincións que se anunciaron por Sanidade , que afectan a 54 Concellos da provincia e que entran en vigor mañá, están pendentes da publicación no Doga, como adianto adxuntamos un gráfico informativo da TVG que é clarificador, si temos que completar a información, faremolo nas próximas horas.

Gráfico TV sobre restricións



ASESORIA BIEITO

Restriccións Concello de Ourense 02/09/2020

Acordo da Xunta de Galicia de 20 páxinas que entra en vigor as 00:00 horas de mañá xoves 3 de setembro (dentro duns minutos) e que afecta AO CONCELLO DE OURENSE coas seguintes restrincións:

  1. O aforo dos establecementos de comercio, servizos profesionais, hosteleria son do 50% no interior e nas terrazas, eliminando o servizo na barra. O consumo debe facerse en mesa sin superar 10 persoas e respectando a distancia interpersoal.
  2. Peche das actividades de festas, verbenas, atracción de feiras e otros eventos.Peche dos Centros de día e ocupacionais, agás terapias individuais.Proibidas as visitas e saidas dos centros residenciais. Limitación de veloiros e enterros a 10 persoa en centros pechados e 25 o aire libre.
  3. As reunións como máximo de 10 persoas, salvo que sexan convivintes.
  4. Redución de aforo ao 50%, para prácticamente todo: biblioteca, academias, autoescolas, centros privados de enseñanza e lugares de culto(igrexas), teatros, cine, auditorios
  5. hai máis medidas para o resto dos sectores e eventos especiais que se poden comprobar na orden que se envia.

Recordamos que hai un réximen de sancions para incumprimentos. E que o seguimiento e inspección poderase facer por parte do Concello

Para máis información, consultar o DOG aquí: Download

Contacta