Xa se publicou a orden das restrincións de mobilidade de Ourense e Barbadás, así como as restrincións dos Concellos de varias Comarcas da provincia que entran en vigor hoxe. Dado que a orden está recollida toda a normativa, enviasmosvola porque vale como documento de referencia para consultar todos os aspectos. As medidas concretas están recollidas no Anexo I para os demáis Concellos, e no Anexo II para Ourense e Barbadás.
As restrincións que se anunciaron por Sanidade , que afectan a 54 Concellos da provincia e que entran en vigor mañá, están pendentes da publicación no Doga, como adianto adxuntamos un gráfico informativo da TVG que é clarificador, si temos que completar a información, faremolo nas próximas horas.
En canto as PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS para o 4º Trimestre do 2020 que durará ata 31-01-2021, hai varias opcións en función das cicunstancias de cada autónomo, deben facernolo chegar si preven estar dentro dalgun dos seguintes supostos: • Reducirán os ingresos da actividade no 4º Trimestre do 2020 ó 25% do mesmo trimestre do ano 2019 e non alcanzarán beneficios de 5.818 euros. • Reducirán os ingresos da actividade no 4º Trimestre do 2020 ó 50% dos ingresos do 1º Trimestre do 2020 e istes ingresos non superararán ó SMI. • Si Teñen que pechar todas as actividades por orden das Administracións. Si poden estar nalgún distes supostos, fagánnolo saber, xa que para os dous priemrios supostos temos que solicitalo ata o dia 14 de outubro, podendo posteriormente renunciar, e si se solicita despois do 14, ou para os do terceiro suposto, a prestación será dende ese momento.
Debido ás medidas restrictivas que hai en Ourense establecidas para facer fronte á pandemia provocada pola COVID-19, suxerimos que nos envíen as facturas e documentos para o 3º trimestre polos seguintes medios en toda a semana que ven: • Escaneadas e enviadas por Google Drive • Correo electrónico • Si só é algunha por Whatsapp • Por mensaxeria: recomendamos na cidade a ORENSERVI: 988 25 23 25 e no resto da provincia NACEX 988 24 10 24 • Para os da Comarca de Maceda: librería Ler • Levándoas a propia oficina en horario de 9 a 15 horas, preferentemente avisando á súa responsable sobre que hora van a ir. RECORDAMOS:
deben de contactar coa súa responsable para concertar cita
a atención telefónica é de 9:00 á 14:00 horas
tamén poden utilizar o correo para poñerse en contacto con nós
O BOP acaba de publicar a liña de axudas para persoas autónomas para paliar os efectos da COVID-19 por importe de 2.000 euros.
Requisitos a cumprir: 1.- Ser traballador/a autónomo/a. 2.- Estar de alta na matrícula do Imposto de Actividades Económicas figurando o domicilio da actividade económica no municipio de Ourense. 3.- Haberse visto obrigado/a ó cese da actividade, ou alternativamente, haber experimentado no mes de abril do 2020 unha redución da súa facturación igual ou superior ao 50% en abril do 2020 con respecto ó promedio mensual de facturación do período de outubro 2019 a marzo 2020. 4.- Estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, non ter débeda pendente de pago coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e co Concello de Ourense. 5.- Non poderán ser persoas beneficiarias o persoal autónomo colaborador.
Se non nos dan orde do contrario, tramitaremos dita axuda. (O custe de tramitación será para persoas físicas de 50 € e para autónomos societarios será de 60 euros).
Onte, 30 de setembro a última hora, publicouse no DOG a orden de sanidade que entrou en vigor as 00:00 horas do día 1 de outubro e que establece novas restricións na cidade de Ourense aparte das que xa tiña. -Limitación no Concello de Ourense das reunións privadas ou públicas de calquera evento a 5 persoas (salvo conviventes). Exceptúanse actividades administrativas, laboráis e educativas sempre e cando respeten a súa normativa. -O Barco de Valdeorras tamén pasa a ser un concello con restricións como as que xa anuncimaos para Verín.
Hoxe é previsible que se aprobe unha orde da Xunta en base ó que se acordou onte polo Ministerio e CCAA.
O Consello de Ministros adoptou onte martes 29 os seguintes acordos:
·PRÓRROGA DOS ERTEs ata o 31 de xaneiro do 2021. Mantéñense as prestacións do 70% e distinguen 3 tipos de ERTEs: -ERTEs de supensión. Con exoneración de cuotas do 100%. -ERTEs por limitación de Actividade. Con exoneración de cuotas do 100%, 90%, 70% e 60% para os vindeiros catro meses respectivamente. -ERTEs para aqueles sectores máis afectados (hai un listado de actividades destes sectores segundo CNAE). Cunha exoneración de cuotas do 85%
·PRESTACIÓNS AUTÓNOMOS: Extensión e ampliación das axudas para autónomos ata o 31 de xaneiro, creando unha nova prestación extraordinaria para a suspensión da actividade e unha para ingresos baixos. Iremos enviando máis detalladamente estas informacións nos próximos días na medida que se publiquen e se poidan solicitar.
Sanidade e algunhos medios publicaron as novas restrincións para máis rúas do Couto, que están pendentes de publicar no DOG, e está previsto que entren en vigor hoxe as 00:00 horas:
Son a Rúas e a zona interior destas Rúas. O barrio do Couto. • Progreso (dende Ponte Romana ata o cruce da Praza de Abastos) • Irmáns Xesta • Avenida de Portugal (ata cruce ca rúa Irmáns Xesta) • Camino Lobisome • Salto do Can • Carballo • Sobreira • Nacional 525 (dende o cruce ata o cruce da avenida Ribeira Sacra) • Avenida Ribeira Sacra hasta Ponte Romana . • A maiores das quese restrinxiron o sábado Antonio Puga, Doctor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal • RESTRINCIONS: • Reunións privados só cinco persoas( no resto de Ourense 10) • Bares e cafeterías non poden atender no interior, só en terrazas ao 75% e grupos de 5 persoas. • Os restaurantes poderán servir no interior cun máximo de 5 persoas por mesa. • O límite de 5 persoas estendese para todas as demáis actividades. • Para os eventos deportivos con público, cines, teatros, auditorios, circos de toldo e semellantes, admáis de congresos e conferencias, o aforo debe ser do 50%, con máximo 30 perosas.