04-01-2022 SUBVENCIONS AUTONOMOS

*SUBVENCIÓNS AUTÓNOMOS*

Publicaronse as Subvencións para aqueles desempregados que se dén de alta dende 01-10-2021 ata o 30-09-2022. Sin requisitos de investimento. A cuantía da subvención é de 2.000 euros, si é menor de 30 anos ,discapacitados ou levan un ano no paro a cuantía é de 4.000, en poden ser incrementadas nun 25% para mulleres , maiores de 45 anos, autónomos que estén en concellos rurais e outros colectivos.

*RESTRICCIÓNS COVID*

Onte publicouse una modificación do horario de peche  de bares, Restaurante e cafeterías para incrementa una hora nas vésperas de féstivo, xa que só estaba para venrés e sábados, e polo tanto afecta a maña día 5 que poderá pecharse a 01:00 horas en vez das 00:00 horas.

image_pdfimage_print

05-01-2022 SUBVENCION BONO AUTONOMO XUNTA

Publicáronse as Subvencións de *Bono autónomo* a solicitar entre o 14 de xaneiro e 14 de febreiro para gastos de mellora de competitividade e pequenos investimentos con subvención de ata o 80%  cun máximo de 3.000 euros. Estas subvencións son para autónomos persoas físicas ou autonómos de sociedades que teñan *antigüidade de 42 meses, facturen máis de 12.000 €/ano e  un beneficio inferior a 30.000 euros*.

Debido as peculiaridades desta subvención Nós non vamos tramitalas pero podemos derivalos a una empresa colaboradora para que os informe e lles faga a solicicitude. Aconsellámoslles de que contacten con esta empresa para ter preparada a documentación da solicitude para o día 14  xa que é previsible que se remata o presuposto desta subvención de xeito inmediato.

image_pdfimage_print

10-01-2022 FACTURAS E INVENTARIO

Deben de enviarnos cantos antes as facturas e documentos que ainda non nos enviaran do 4º Trimestre do 2021 para facer as declaracións. Asi como os extractos bancarios e a obrigación de facer un *INVENTARIO* a 31-12 das Existencias que a AEAT pode esixir en calqueira momento. Recordámoslles que no 2021 xa enviaramos circular para informar do interés e obrigación de ter feita a contabilización de xeito inmediato.


Tamén queremos recordar que seguimos ca pandémia, o que supón que deben de contactar con Nós cando sexa necesario algunha cita presencial (xa que moitos de Nós están teletraballando), intentando sustituilas por chamadas, videoconferencia, e os envios de documentos polos sistemas que temos establecidos, evitando contactos físicos que non sexan necesarios. GRAZAS!

image_pdfimage_print

07-01-2022 SUBIDA CUOTA AUTÓNOMOS ANO 2022

Estimad@ client@:

A partir do 1 de xaneiro do 2022 aqueles autónomos que cotizan pola base mínima pasarán a pagar 293,94 euros mensuais sendo a sua base de cotización de 960,60 euros.

Respecto a os autónomos societarios, a sua cuota tamén ascenderá a 377,87 euros mesuais situandose nunha base de cotización de 1.233,24 euros.

Aqueles outros que esten cotizando por unha base superior a mínima tamén se vera incrementada, xa que o tipo a aplicar situase dun 30,3% a un 30,6% sobre dita base.

Recordarlles que exiten 4 prazos o logo do ano para cambios das bases de cotizaci´ón: ata o 31 de marzo con date de efectos do 01 de abril, ata o 30 xuño con date de efectos do 01 de xullo, ata o 30 de setembro con data de efectos do 01 de outubro e por último, ata o 31 de decembro que tomará efectos dende 1 de xaneiro do ano seguinte.

image_pdfimage_print
Contacta