Deben de enviarnos cantos antes as facturas e documentos que ainda non nos enviaran do 4º Trimestre do 2021 para facer as declaracións. Asi como os extractos bancarios e a obrigación de facer un *INVENTARIO* a 31-12 das Existencias que a AEAT pode esixir en calqueira momento. Recordámoslles que no 2021 xa enviaramos circular para informar do interés e obrigación de ter feita a contabilización de xeito inmediato.
Tamén queremos recordar que seguimos ca pandémia, o que supón que deben de contactar con Nós cando sexa necesario algunha cita presencial (xa que moitos de Nós están teletraballando), intentando sustituilas por chamadas, videoconferencia, e os envios de documentos polos sistemas que temos establecidos, evitando contactos físicos que non sexan necesarios. GRAZAS!
Read more
Estimad@ Client@,
Debido ás medidas restrictivas que hai en Ourense establecidas para facer fronte á pandemia provocada pola COVID-19, suxerimos que nos envíen as facturas e documentos para o 3º trimestre polos seguintes medios en toda a semana que ven:
• Escaneadas e enviadas por Google Drive
• Correo electrónico
• Si só é algunha por Whatsapp
• Por mensaxeria: recomendamos na cidade a ORENSERVI: 988 25 23 25 e no resto da provincia NACEX 988 24 10 24
• Para os da Comarca de Maceda: librería Ler
• Levándoas a propia oficina en horario de 9 a 15 horas, preferentemente avisando á súa responsable sobre que hora van a ir.
RECORDAMOS:
- deben de contactar coa súa responsable para concertar cita
- a atención telefónica é de 9:00 á 14:00 horas
- tamén poden utilizar o correo para poñerse en contacto con nós
Un saúdo,
Asesoría Bieito.
Read more
ENVIO FACTURAS DO 3º TRIMESTRE DO 2019
Solicitamos nos envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/19 para poder axustar as contabilidades.
RECORDEN que o prazo para presentar os impostos remata o día 15/10/2019 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 08/10/2019.
PROGRAMA EMPRENDOU
Aquelas persoas con idade entre 16 e 30 anos, que estean inscritos como desempregados e inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, empadroadas e con actividade efectiva nun Concello Rural elixible, poderán beneficiarse dunha subvención de 675 euros ao mes(75% do SMI) entre 6 meses e un ano e terán que darse de alta da Actividade na AEAT e no RETA ou mutualidade.
O programa aínda está aberto.
SUBVENCIONS DE AUTÓNOMO DO 2020
A partir do un de outubro do ano 2019, xa se poden dar de alta aquelas persoas físicas que queiran acollerse as subvencións de autónomos da Consellería de Emprego, e que veñen dando subvencións entre 2.000 e 6.000 euros.
As subvencións sairán nos primeiros meses do 2020, pero poderán acollerse a elas os que se dan de alta dende o 1 de outubro do 2019.
RETOMAMOS O HORARIO
Recordamos que o horario da oficina é:
De luns á xoves de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas.
Os venres de 8:00 a 15:00 horas.
Para garantir unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata deben de quedar ca súa responsábel de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14:30H.
Con esta medida a dispoñibilidade horaria de luns a xoves amplíase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, é dicir, de 11 horas sempre que se concerte.
Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.
ASESORIA BIEITO, S.L.
Read more
Deben remitirnos as facturas para realizar as declaracións do segundo trimestre do 2014 e no caso das sociedades deben remitirnos tamén os extractos bancarios ata o 30/06/2014.
Recordámoslles que as declaracións se envían a través de internet a A.E.A.T., polo que se reduce o prazo para a presentación dos trimestres, pasando do día 20 de cada trimestre ao día 15, polo tanto deben remitir a documentación o antes posible pois do contrario as declaracións poderán ir presentadas fora de prazo.
Read more