05-01-2022 SUBVENCION BONO AUTONOMO XUNTA

Publicáronse as Subvencións de *Bono autónomo* a solicitar entre o 14 de xaneiro e 14 de febreiro para gastos de mellora de competitividade e pequenos investimentos con subvención de ata o 80%  cun máximo de 3.000 euros. Estas subvencións son para autónomos persoas físicas ou autonómos de sociedades que teñan *antigüidade de 42 meses, facturen máis de 12.000 €/ano e  un beneficio inferior a 30.000 euros*.

Debido as peculiaridades desta subvención Nós non vamos tramitalas pero podemos derivalos a una empresa colaboradora para que os informe e lles faga a solicicitude. Aconsellámoslles de que contacten con esta empresa para ter preparada a documentación da solicitude para o día 14  xa que é previsible que se remata o presuposto desta subvención de xeito inmediato.

10-01-2022 FACTURAS E INVENTARIO

Deben de enviarnos cantos antes as facturas e documentos que ainda non nos enviaran do 4º Trimestre do 2021 para facer as declaracións. Asi como os extractos bancarios e a obrigación de facer un *INVENTARIO* a 31-12 das Existencias que a AEAT pode esixir en calqueira momento. Recordámoslles que no 2021 xa enviaramos circular para informar do interés e obrigación de ter feita a contabilización de xeito inmediato.


Tamén queremos recordar que seguimos ca pandémia, o que supón que deben de contactar con Nós cando sexa necesario algunha cita presencial (xa que moitos de Nós están teletraballando), intentando sustituilas por chamadas, videoconferencia, e os envios de documentos polos sistemas que temos establecidos, evitando contactos físicos que non sexan necesarios. GRAZAS!

07-01-2022 SUBIDA CUOTA AUTÓNOMOS ANO 2022

Estimad@ client@:

A partir do 1 de xaneiro do 2022 aqueles autónomos que cotizan pola base mínima pasarán a pagar 293,94 euros mensuais sendo a sua base de cotización de 960,60 euros.

Respecto a os autónomos societarios, a sua cuota tamén ascenderá a 377,87 euros mesuais situandose nunha base de cotización de 1.233,24 euros.

Aqueles outros que esten cotizando por unha base superior a mínima tamén se vera incrementada, xa que o tipo a aplicar situase dun 30,3% a un 30,6% sobre dita base.

Recordarlles que exiten 4 prazos o logo do ano para cambios das bases de cotizaci´ón: ata o 31 de marzo con date de efectos do 01 de abril, ata o 30 xuño con date de efectos do 01 de xullo, ata o 30 de setembro con data de efectos do 01 de outubro e por último, ata o 31 de decembro que tomará efectos dende 1 de xaneiro do ano seguinte.

SISTEMA DE ENVIO DE NÓMINAS ÓS TRABALLADORES VIA EMAIL

En Asesoría Bieito sempre buscamos o xeito de mellorar os nosos servizos, polo que nesta ocasión poñemos a súa disposición a posibilidade de faguer o envio dos recibos de salarios dos seus traballadores de maneira individualizada por email, aforrando con elo tempo e custos para a empresa. Para elo, previamente, a empresa deberá contar cunha autorización do traballador comunicando o seu enderezo electrónico, polo que no caso de estar interesados poñerse en contacto con nós ben sexa por teléfono coa súa responsable, ou ben no correo electrónico laboral@bieito.com

DOCUMENTO PARA ALTA DE TRABALLADORES EN DÍAS INHÁBILES

Amosámos un novo documento para realizar a alta de traballadores en días inhábiles, que teredes que remitir vía Email aos seguintes enderezos:  ourense.administracion1.tgss@seg-social.es , ourense.administracion2.tgss@seg-social.es.

Cando se realice dita alta, pregámoslle nos remitan copia e a documentación dos traballadores a ASESORIA BIEITO S.L. no email: laboral@bieito.com

Descarga Impreso

SISTEMA DE COMUNICACIÓNS DE ASESORÍA BIEITO S.L.

En Asesoría Bieito sempre buscamos o xeito de mellorar os nosos servizos.

Nesta ocasión, temos preparada unha fórmula máis directa de comunicación coa vosa responsable. Xa están en funcionamento tanto o teléfono de sempre (988253588), no que poderedes marcar as distintas opcións para falar co departamento que precisedes, como os teléfonos directos de todas e cada unha das responsables.

Aquí vos deixamos o documento, que poderedes descargar, con todos os teléfonos e correos electrónicos:

SISTEMA DE COMUNICACIONS DE ASESORIA BIEITO S.L. 

Tamén teredes acceso a esta información dende o apartado “Contacto“.

Contacta