Información COVID-19 30/10/2020

NOVAS RESTRICIÓNS
A xunta acaba de anunciar o peche perimetral para impedir a mobilidade das sete ciudades galegas a partir de hoxe ás tres da tarde, ainda pendente de publicación no DOG. Ourense xa estaba pechado co resto dos concellos da provincia que xa estaban.

SUBIDA CUOTA DE AUTÓNOMO
Neste mes van aplicar a subida da cuota de autónomos do 30% ao 30,3% da base de cotización que xa estaba aprobada no 2018. A coantía vai supoñer uns euros neste mes, pero está prevista que pasen os nove meses restantes do 2020 nun recibo a maiores dentro duns días.

SUBVENCIÓNS DE AUTÓNOMOS CONCELLO DE OURENSE
Durante este mes xa lle fomos informando que está solicitada e agora pendente do seu cobro.

PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS PARA O 4º TRIMESTRE
Se foi dos que lle informamos da solcitude de prestación de autónomo do 4º trimestre, pode que xa reciban a prestación neste mes, neste caso pagaranlle prestación máis cuota de autónomo, e a Seguridade Social pasaralle o mesmo tempo o cargo da cuota da Seguridade Social ó seu Banco. Se non reciben a prestación este mes pagaranlla no mes de novembro.

Información COVID19 28/10/2020

Como saben, o domingo 25 de novembro foi declarado o Estado de Alarma e a Consellería de Sanidade da Xunta acordou onte, aínda pendente de publicar no DOG, que van entrar en vigor as 00:00 horas de mañá xoves as seguintes medidas:

1º.-Manter o horario de restrición da mobilidade polas vías e lugares públicos entre as 23:00 e 6:00 horas, salvo xustificacións que estén reguladas.
2º.-Manter as restricións xa informadas dos Concellos e Comarcas da provincia de Ourense con todas as particularidades.

PRESUPOSTOS 2021
Estanse anunciando medidas dos presupostos do 2021 que infomaremos detalladamente cando se aproben e vain entrar en vigor.


Asesoría Bieito.

Información COVID19 10/10/2020

A orden de Sanidade que entrou en vigor hoxe, mantense as restrincións das comarcas do Carballiño, O Ribeiro,Ourense, Verin, Valdeorras, Allariz-Maceda. Asi como prohibir reunións de non conviventes en Ourense, Barbadas, Verín, O Barco e comarca de Carballiño. E prohición de mobilidade nos concellos de Ourense, Barbadás e agora tamén Carballiño.
AS RESTRINCIÓNS PODEN SER CAUSA DE SOLICITUDE DE NOVOS ERTES
A limitación de aforos de establecimentos de hosteleria, comercio e profesionais, así como a proibicións de atención en interiores de locais poden ser causa de solicitar un novo ERTE para traballadores afectados. Si están nesta situación contacten con Nós. Aqueles establecementos que polas medidas de restrinción se vexan obrigados a pechar, existe a posibilidade de solicitar unha prestación durante os meses que dure esta situación.

ASESORIA BIEITO

Información COVID19 08/10/2020

Xa se publicou a orden das restrincións de mobilidade de Ourense e Barbadás, así como as restrincións dos Concellos de varias Comarcas da provincia que entran en vigor hoxe. Dado que a orden está recollida toda a normativa, enviasmosvola porque vale como documento de referencia para consultar todos os aspectos. As medidas concretas están recollidas no Anexo I para os demáis Concellos, e no Anexo II para Ourense e Barbadás.

Pode descargar o DOG aquí: Download

ASESORIA BIEITO

Información COVID19 07/10/2020

As restrincións que se anunciaron por Sanidade , que afectan a 54 Concellos da provincia e que entran en vigor mañá, están pendentes da publicación no Doga, como adianto adxuntamos un gráfico informativo da TVG que é clarificador, si temos que completar a información, faremolo nas próximas horas.

Gráfico TV sobre restricións



ASESORIA BIEITO

Información COVID19 07/10/2020

En canto as PRESTACIÓNS DE AUTÓNOMOS para o 4º Trimestre do 2020 que durará ata 31-01-2021, hai varias opcións en función das cicunstancias de cada autónomo, deben facernolo chegar si preven estar dentro dalgun dos seguintes supostos:
• Reducirán os ingresos da actividade no 4º Trimestre do 2020 ó 25% do mesmo trimestre do ano 2019 e non alcanzarán beneficios de 5.818 euros.
• Reducirán os ingresos da actividade no 4º Trimestre do 2020 ó 50% dos ingresos do 1º Trimestre do 2020 e istes ingresos non superararán ó SMI.
• Si Teñen que pechar todas as actividades por orden das Administracións.
Si poden estar nalgún distes supostos, fagánnolo saber, xa que para os dous priemrios supostos temos que solicitalo ata o dia 14 de outubro, podendo posteriormente renunciar, e si se solicita despois do 14, ou para os do terceiro suposto, a prestación será dende ese momento.

Un saúdo,
ASESORIA BIEITO

Subvención do Concello de Ourense | 2.000€

O BOP acaba de publicar a liña de axudas para persoas autónomas para paliar os efectos da COVID-19 por importe de 2.000 euros.

Requisitos a cumprir:
1.- Ser traballador/a autónomo/a.
2.- Estar de alta na matrícula do Imposto de Actividades Económicas figurando o domicilio da actividade económica no municipio de Ourense.
3.- Haberse visto obrigado/a ó cese da actividade, ou alternativamente, haber experimentado no mes de abril do 2020 unha redución da súa facturación igual ou superior ao 50% en abril do 2020 con respecto ó promedio mensual de facturación do período de outubro 2019 a marzo 2020.
4.- Estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, non ter débeda pendente de pago coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e co Concello de Ourense.
5.- Non poderán ser persoas beneficiarias o persoal autónomo colaborador.

Se non nos dan orde do contrario, tramitaremos dita axuda. (O custe de tramitación será para persoas físicas de 50 € e para autónomos societarios será de 60 euros).

Novas restricións Ourense e Barco de Valdeorras 01/10/2020

Onte, 30 de setembro a última hora, publicouse no DOG a orden de sanidade que entrou en vigor as 00:00 horas do día 1 de outubro e que establece novas restricións na cidade de Ourense aparte das que xa tiña.
-Limitación no Concello de Ourense das reunións privadas ou públicas de calquera evento a 5 persoas (salvo conviventes). Exceptúanse actividades administrativas, laboráis e educativas sempre e cando respeten a súa normativa.
-O Barco de Valdeorras tamén pasa a ser un concello con restricións como as que xa anuncimaos para Verín.

Hoxe é previsible que se aprobe unha orde da Xunta en base ó que se acordou onte polo Ministerio e CCAA.

Asesoría Bieito.

Contacta