Asesoría Bieito nace en 1989 como resposta a unha necesidade de asesoramento ás empresas e a externalización das súas xestións administrativas. A nosa experiencia e profesionalidade fixo que numerosas empresas e particulares depositaran a súa confianza para realizar os seus trámites administrativos con total garantía. Grazas a esta dilatada experiencia temos unha visión global das necesidades empresariais que fai que saibamos a situación e posición das empresas neste país.
O noso deber como asesoría é conseguir que os nosos clientes poidan dedicarse en exclusiva á súa actividade empresarial e profesional. Confiando en nós os servizos e funcións que unha empresa necesita contratar para desempeñar con efiicacia a súa actividade.. Estamos a falar da xestión contable-fiscal, os recursos humanos, as xestións ante as distintas administracións, as proteccións correspondentes e as lineas de axuda, financiación e promoción a actividade empresarial ou profesional que realizan..
Contamos cun equipo de mais de dez profesionais con ampla experiencia nas áreas de actuación que abarcan a xestión empresarial, con actuación en toda a provincia de Ourense e no resto de Galica, contando con oficinas en Ourense e Maceda.
Como factores que marcan a diferenza, destacamos o noso esforzo por especializarnos, a nosa experiencia, a garantía e solvencia da nosa empresa que nos dan xa máis de 25 anos.
Queremos facer fincapé nas nosas liñas de actuación, destacando:
- O noso servizo é altamente axustado ás necesidades do noso cliente, sendo este un servizo único e exclusivo.
- A nosa relación co cliente é intensa e fructífera, identificándonos totalmente coa súa actividade, posición e situación.
- Facemos o noso traballo con paixón e entrega, intentando ofertarlle ao cliente todos os servizos que necesita.
- Sentimos as empresas dos nosos clientes coma se fosen a nosa propia, compartimos problemas e buscamos a solución máis acaída.