Estimad@ client@:
Tódalas empresas que teñan que cubrir postos de traballo con risco de enfermedades profesionais están obrigadas a practicar un recoñecemento médico previo a admisión dos traballadores que vaian ocupar ditos postos, así como de faguer recoñecementos periódicos.
Corresponde o seu servizo de prevención determinar qué postos son susceptibles de xenerar enfermidade profesional e elo debe quedar reflictido na evaluación períodica de riscos que teñen contratada. Pois ben, exclusivamente sobre aqueles traballadores que ocupen ditos postos de traballo, surxe a obriga de reportar a súa mutua de accidentes de traballo o resultado do informe clínico sobre a aptitutde do traballador para continuar o seu desempeño, xa que a empresa poderá incurrir nunha responsabilidade grave no caso de recoñecerse unha prestación económica ó traballador se queda acreditado o incumprimento de dita obriga. Por iso deben poñerse en conctato co seu servizo de prevención para que eles lles valoren si na empresa existen postos susceptibles de causar enfermidade profesional a algún dos seus traballadores.
Un saúdo
Asesoria Bieito
Read more
A Xunta publicou onte a última hora as novas medidas de restrincións que entran en vigor mañá 31 de decembro as 0:00 horas e ata o 18 de xaneiro do 2022.
*HOSTELERIA E RESTAURACION*
Hora de peche noitevella, venrés e sábados a 01,00 horas e non poderán abrir o dia 1 de xaneiro ata as 9,00 horas. No resto dos dias hora de peche as 00:00 horas.Obrigatoriedade de presentar certificado Covid ou probas para acceder a estes establecementos a todas as horas, e non só a partir das 21:00.Manter o aforo nas mesas de 8 persoas no interior e 10 no exterior.Non se pode consumir nas barras dos establecementos.
*OCIO NOCTURNO* (Discotecas, pubs, salas de festas, cafés-espectáculos-concerto) Poderán elexir entre:
*a)* pechar os dias 30-31-1-2 e recibir subvencións a solicitar en xaneiro e con previsión de cobro en febreiro en función dos m2 do local.Máis detalle que lle enviamos na mensaxe individual os afectados.
*b)* Ou abrir ata as 03:00 horas todos os dias.
O resto dos dias poden abrir unhos e outros ata as 03:00 ca obrigatoriedade do certificado covid e máscaras e manteñemento de distancia de seguridade.
“TOQUE DE NON QUEDA”
Limitación de reunión entre persoas non conviventes entre as *3:00 e 6:00 horas* en espazos públicos(rúas) nen privados(casas ou establecementos), salvo as excepcións habituais, pendente de aval xa solicitado ao TSXG.
-Cambiase a 7 dias os confinamentos das persoas infectadas ou contacto con estas de covid.
Read more
*SUBVENCIÓNS AUTÓNOMOS*
Publicaronse as Subvencións para aqueles desempregados que se dén de alta dende 01-10-2021 ata o 30-09-2022. Sin requisitos de investimento. A cuantía da subvención é de 2.000 euros, si é menor de 30 anos ,discapacitados ou levan un ano no paro a cuantía é de 4.000, en poden ser incrementadas nun 25% para mulleres , maiores de 45 anos, autónomos que estén en concellos rurais e outros colectivos.
*RESTRICCIÓNS COVID*
Onte publicouse una modificación do horario de peche de bares, Restaurante e cafeterías para incrementa una hora nas vésperas de féstivo, xa que só estaba para venrés e sábados, e polo tanto afecta a maña día 5 que poderá pecharse a 01:00 horas en vez das 00:00 horas.
Read more
Publicáronse as Subvencións de *Bono autónomo* a solicitar entre o 14 de xaneiro e 14 de febreiro para gastos de mellora de competitividade e pequenos investimentos con subvención de ata o 80% cun máximo de 3.000 euros. Estas subvencións son para autónomos persoas físicas ou autonómos de sociedades que teñan *antigüidade de 42 meses, facturen máis de 12.000 €/ano e un beneficio inferior a 30.000 euros*.
Debido as peculiaridades desta subvención Nós non vamos tramitalas pero podemos derivalos a una empresa colaboradora para que os informe e lles faga a solicicitude. Aconsellámoslles de que contacten con esta empresa para ter preparada a documentación da solicitude para o día 14 xa que é previsible que se remata o presuposto desta subvención de xeito inmediato.
Read more
Deben de enviarnos cantos antes as facturas e documentos que ainda non nos enviaran do 4º Trimestre do 2021 para facer as declaracións. Asi como os extractos bancarios e a obrigación de facer un *INVENTARIO* a 31-12 das Existencias que a AEAT pode esixir en calqueira momento. Recordámoslles que no 2021 xa enviaramos circular para informar do interés e obrigación de ter feita a contabilización de xeito inmediato.
Tamén queremos recordar que seguimos ca pandémia, o que supón que deben de contactar con Nós cando sexa necesario algunha cita presencial (xa que moitos de Nós están teletraballando), intentando sustituilas por chamadas, videoconferencia, e os envios de documentos polos sistemas que temos establecidos, evitando contactos físicos que non sexan necesarios. GRAZAS!
Read more
Estimad@ client@:
A partir do 1 de xaneiro do 2022 aqueles autónomos que cotizan pola base mínima pasarán a pagar 293,94 euros mensuais sendo a sua base de cotización de 960,60 euros.
Respecto a os autónomos societarios, a sua cuota tamén ascenderá a 377,87 euros mesuais situandose nunha base de cotización de 1.233,24 euros.
Aqueles outros que esten cotizando por unha base superior a mínima tamén se vera incrementada, xa que o tipo a aplicar situase dun 30,3% a un 30,6% sobre dita base.
Recordarlles que exiten 4 prazos o logo do ano para cambios das bases de cotizaci´ón: ata o 31 de marzo con date de efectos do 01 de abril, ata o 30 xuño con date de efectos do 01 de xullo, ata o 30 de setembro con data de efectos do 01 de outubro e por último, ata o 31 de decembro que tomará efectos dende 1 de xaneiro do ano seguinte.
Read more
En previsión das vindeiras datas nas que algunhas empresas poidan necesitar a contratación de traballadores de maneira extraordinaria e urxente nun festivo ou día inhábil, comunicarlles que a administración non está a admitir a comunicación previa da contratación nin via fax nin por correo electrónico, polo que únicamente será válida dita comunicación por rexistro electrónico da seguridade social, precisando para elo estar a disposición do certificado dixital para poder autenticarse. O enlace no que deberán entrar será https://sede.seg-social.gob.es/wps/portal/sede/sede/Inicio/RegistroElectronico e comunicar os datos da contratación, remitíndonos copia do xustificante e a documentación dos traballadores o email laboral@bieito.com
Read more
En Asesoría Bieito sempre buscamos o xeito de mellorar os nosos servizos, polo que nesta ocasión poñemos a súa disposición a posibilidade de faguer o envio dos recibos de salarios dos seus traballadores de maneira individualizada por email, aforrando con elo tempo e custos para a empresa. Para elo, previamente, a empresa deberá contar cunha autorización do traballador comunicando o seu enderezo electrónico, polo que no caso de estar interesados poñerse en contacto con nós ben sexa por teléfono coa súa responsable, ou ben no correo electrónico laboral@bieito.com
Read more