ENVIO FACTURAS DO 3º TRIMESTRE DO 2019
Solicitamos nos envíen as facturas tanto de ingresos como de gastos correspondentes ao terceiro trimestre. No caso das sociedades deben enviarnos tamén os extractos bancarios ata o 30/09/19 para poder axustar as contabilidades.
RECORDEN que o prazo para presentar os impostos remata o día 15/10/2019 polo que deben enviarnos as facturas antes do día 08/10/2019.
PROGRAMA EMPRENDOU
Aquelas persoas con idade entre 16 e 30 anos, que estean inscritos como desempregados e inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, empadroadas e con actividade efectiva nun Concello Rural elixible, poderán beneficiarse dunha subvención de 675 euros ao mes(75% do SMI) entre 6 meses e un ano e terán que darse de alta da Actividade na AEAT e no RETA ou mutualidade.
O programa aínda está aberto.
SUBVENCIONS DE AUTÓNOMO DO 2020
A partir do un de outubro do ano 2019, xa se poden dar de alta aquelas persoas físicas que queiran acollerse as subvencións de autónomos da Consellería de Emprego, e que veñen dando subvencións entre 2.000 e 6.000 euros.
As subvencións sairán nos primeiros meses do 2020, pero poderán acollerse a elas os que se dan de alta dende o 1 de outubro do 2019.
RETOMAMOS O HORARIO
Recordamos que o horario da oficina é:
De luns á xoves de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas.
Os venres de 8:00 a 15:00 horas.
Para garantir unha atención axeitada e ter unha resposta inmediata deben de quedar ca súa responsábel de laboral ou fiscal, especialmente a partir das 14:30H.
Con esta medida a dispoñibilidade horaria de luns a xoves amplíase, podendo ser atendido nunha ampla franxa horaria que vai dende as 8:00 H ata as 19:00 H, é dicir, de 11 horas sempre que se concerte.
Sen outro particular, aproveitamos para enviarlles un saúdo.
ASESORIA BIEITO, S.L.
Read more
Empresas formadas por mulleres que inicien a actividade dende 1 ata o 5 de agosto, que cumpran os requisitos e condicións de cada línea e da lei de subvencións de Galicia, podendo ser mediante persoa física ou sociedades mercantiles, laborais, cooperativas, civiles ou Comunidades de bens con domicilio social, fiscal, comercial ou produtivo en Galicia. No caso de sociedades, o capital ten que estar íntegramente subscrito por mulleres e ter administradoras mulleres. As inciativas e proxectos deben ser viables técnicamente, económicamente, financieiramente e así de reflectirse no Plan de Negocios.
REQUISITOS
BENEFICIARIAS |
Inicien a actividade económica ou formalicen os Plans Innova ou Activa dende 1 de agosto do 2018 e manteñan os postos a crear durante dous anos. |
PRAZO DE PRESENTA. |
5 DE AGOSTO 2019 |
TAMAÑO E NATUREZA DA EMPRESA |
Microempresa ou Pequena Empresa. Non públicas. Nin entidades sin finalidade lucrativa |
TITUALRIDADE E ADMINISTRACION EMPRESAS |
Nas sociedades a administración debe estar na man de mulleres e o capital suscrito maioritariamente por mulleres e nas micro e pemess debe de estar o 100% de mulleres |
INICIATIVA OU PROXECTO |
Viabilidade técnica, económica ou financieira
PLAN DE NEGOCIO EMPRESARIAL |
INCOMPATIBILIDADE |
Que non recibiran axudas nos últimos tres anos |
AXUDAS
Líneas |
En qué consiten |
Importe axudas e outras |
Emprende |
Promoveer a posta en marcha de novas iniativas con creacion emprego femenino estable propio ou alleo |
1 Posto: 8.000
2 Postos: 14.000
3 Postos: 18.000
4 Postos ou máis:20.000 |
Innova |
Implantar medidas innovadoras con creacion emprego femenino vinculadao as melloras |
1 posto: 12.000
2 potos: 15.000
3 posto: 18.000
4 ou máis postos: 20.000 |
Activa |
Reactivación e consolidación de empresas con medidas que non se destruian emprego. |
Manteñemento de 1 posto: 6.000
Manteñemento de 2 postos: 10.000
Manteñmento de 3 postos: 12.000
Manteñemento de 4 postos: 15.000 |
ITEF |
Implantación de iniciativas empresariais de carácter tecnolóxico e cientifico e base tecnolóxico promovidas e con creación de postos femeninos |
Creación posto promotora: 16.000
Creación dous postos : 25.000
Creación tres postos: 30.000
Creación 4 ou mías: 40.000 |
Concilia |
Axuda complementaria para mulleres promotoras e asalariadas. |
Beneficiarias duna lnea anterior
Concilia promotoras: 3.000
Concilia-asala. Teletraballo:5.000 |
Read more
Informámoslle que ata o 30 de setembro a oficina estará aberta en horario intensivo dende as 8:00 ata as 15:00.
Read more
CARGO DO IMPORTE DA DECLARACION RENDA DO 2018
Si a declaración da renda do 2018 resultou a pagar recorden que a AEAT pasa o cargo desta o dia 1 de xullo polo banco, polo tanto teñan feita a provisión de fondos para evitar impagos.
DECLARACIÓNS 2º TRIMESTRE 2019:
Deben remitirnos as facturas para realizar as declaracións do segundo trimestre do 2019 e no caso das sociedades deben remitirnos tamén os extractos bancarios ata o 30/06/2019.
Recordamoslles que as declaracións se envian a través de internet a A.E.A.T., polo que se reduce o prazo para a presentación dos trimestres, pasando do día 20 de cada trimestre o día 15, polo tanto deben remitir a documentación o antes posibel pois do contrario as declaracións poderán ir presentadas fora de prazo.
ACTAS E DECLARACIONS DE SOCIEDADES E DEPOSITOS CONTAS 2018:
Durante o mes de xullo, deberán asinar as Actas da Xunta Xeral celebrada no mes de xuño, de aprobación de contas que teñen que asinar todolos socios para incluilas no libro de actas.
Ademáis depositaranse as Contas Anuais do 2018 no Rexistro Mercantil, estas terán que ser asinadas polos Administradores e pagarase unha tasa en torno aos 38,75 euros, que pasaremos ao cobro na factura do mes de agosto. O mesmo tempo ata o 26 de xullo haberá que declarar e ingresar o imposto de sociedades na cuantía que xa lle informamos no seu día no caso de que lle resultara a pagar.
A partir do 31 de Xullo teñen a súa disposición as Contas Anuais e Impostos de Sociedades do 2018 por si necesitan copias para outros efectos, e as perosas físicas e autónomos as súas declaración de renda do 2018.
Read more
Ata o 80% do gasto da actividade subvencionada cun máximo de 3.000 euros.
Os autónomos q teñen que contar cunha antigüidade de 42 meses (3,5 anos), sexan persoas físicas ou socios dunha sociedade mercantil ou civil, e nestes casos téñense en conta os datos da sociedade.
Rendemento Neto Reducido/Base impoñible de IS do 2018 < 30.000 €
Facturación con IVA 2.018 > 12.000
Facturas Xustificativas de gasto ou investimento e xustificantes bancarios entre 3/7 e 31/12
Certificado dixitalà Tramitase electrónicamente. Comunicacións por medio Notifica.gal
Non poden acollerse os que cobraran nas 2 anteriores convocatorias
Os autónomos en réxime familiar.
MELLORA DA COMPETITIVIDADE A TRAVES DOS SEGUINTES:
Linea 1=SERVIZOS |
Línea 2 = INVESTIMENTO |
· Investigación do mercado
· Plan de Marketing
· Plan de Comunicación do negocio
· Plan estratéxico
· Plan de crecemento: constitución
· Plan de reorientación do negocio.
· Plan de uso das novas tecnoloxías
· Plan de refinanciación. |
· Compra de maquinaria
· Compra de ferramentas e utillaxe
· Reforma do local de negocio(non domicilio habitual do autónomo)
· Equipos informáticos
· Rótulos
· Aplicacións informáticas e páx. Web.
· Creación de logotipo de negocios
· Mobiliario |
Pódense combinar as 2 lineas pero atenderase primeiro a línea 1 e logo a dúas co límite 3.000
Read more
DECLARACIÓN DA RENDA DO EXERCICIO 2.018.
Recordamoslles que continuamos coas declaracións do I.R.P.F. do exercicio 2018. Deben de remitirnos a documentación antes do día 15/06/2019 xa que o día 25/06/2019 remata o prazo para domiciliar aquelas declaracións que sexan a ingresar.
DIETAS E REXISTRO HORARIO
Para as empresas e autónomos que teñen traballadores asalariados, estamos enviando unha nota xunto cas nóminas con referencia as dietas e o Rexistro Horario que entrou en vigor o pasado 12 de maio.
Nel facemos recomendacións de como se deben de establecer as dietas e os requisitos para xustificalas, e tamén as obrigas con respecto o Rexistro Horario. A Inspección de traballo e a Seguridade Social está facendo seguimento destas cuestións, levantando actas de inspección e liquidando cuotas.
Polo tanto, recomendamos de novo que se esté atento a estas recomendacións e si se ten dúbidas se consulten.
XORNADA INTENSIVA DAS OFICINAS A PARTIR DO 17 DE XUÑO
A partir do luns dia 17 de xuño, iniciaremos a xornada intensiva de verán cun horario de 8:00 da mañá ata 15:00 H da tarde.
REALIZACION DE XUNTA XERAL A 30-06-2019.
Como se ven facendo durante istes anos a Xunta Xeral de aprobación de Contas do 2.018 e de proposta de reparto de resultados das sociedades mercantis celebrarase con carácter xeral o dia 30-06-2019, xa que esta data será a que se terá en conta para depositar as Contas Anuais no Rexistro mercantil no prazo de 30 días. Si vostedes queren celebrala con outra data fagannolo saber.
Desta Xunta Xeral ordinaria de aprobación de Contas se levanta Acta que a deben de asinar todolos asistentes, a sabendas de que os Administradores van asinar certificación de que a acta foi asinada para depositala no Rexistro mercantil. Os administradores deben de estar pendentes de que se cumpra esta formalidade
Read more
DECLARACIÓN DA RENDA DO EXERCICIO 2018
Durante o mes de abril empezou a campaña da Renda do ano 2018, sobre todo, aqueles que reciban o borrador da AEAT, os contribuintes que teñen actividades económicas, empresariais ou profesionais e que sexan nosos clientes xa temos nós os datos. Si realizaron outro tipo de operación deben de ir recapitulando a documentación para enviarnola, xa que estas declaracións realizaranse durante os meses de maio e xuño do 2019.
ENVIO DE LIBROS AO REXISTRO MERCANTIL DAS SOCIEDADES
Durante o mes de abril envianse telemáticamente os libros das sociedades mercantís ao rexistro para cumprir coa obriga do seu dilixenciado.
Os libros son os das Contas Anuais, Actas e Socios, neste último caso, si houbo algunha variación ao longo do 2018. O rexistro cobra unas taxas según os libros que se presenten, éstas son aboadas por nós que logo pasamos na factura dos nosos servizos, especificando claramente que se trata destas taxas motivo polo que se ve incrementada a factura de abril, maio ou xuño, dependendo cando sexan cargadas polo rexistro, nós pasamolas no seguinte mes.
CONTAS ANUAIS 2018
En canto as Contas Anuais do 2018 deben de depositarse no rexistro no prazo dos 30 dias dende a aprobación en Xunta Xeral, que normalmente sempre se celebra sobre o 30 de xuño, e polo tanto terían que depositarse antes do 30 de xullo.
Esta xestión tamén vai traer a liquidación dunhas taxas que nos liquidamos e que posteriormente pasamos por factura nos meses seguintes.
OBRIGA DOS AUTÓNOMOS DE INCORPORARSE O SISTEMA RED
Orde Ministerial ESS/214/2018, de 1 de marzo que modifica a Orde ESS/484/2013, establece a obriga dos traballadores por conta propia ou autónomos de incorporarse dende o 01 de Outubro o sistema RED para realizar os trámites no ámbito da Seguridade Social por vía electrónica, incluída a recepción e firma das notificacións.
Para cumplir con esta obriga, pódese xestionar directamente a través da Sede Electrónica (SEDESS) ou mediante o Sistema RED, na que un autorizado actúa na túa representación. Para optar pola autorización da representación, rogamos contactar con nos o antes posible para iniciar os trámites mediante o Certificado Dixital.
OBRIGATORIEDADE DO REXISTRO DE XORNADAS LABORAIS
O RDL 8/2019 establece o rexistro de xornada diaria obrigatoria para tódalas empresas dende o 12 de maio do 2019, establecendo como infracción grave o incumprimento do mesmo.
Xúntase información mais detallada coas nóminas.
Read more
O RDL 8/2019 establece o rexistro de xornada diaria obrigatorio para tódalas empresas dende o 12 de maio do 2019, establecendo como infracción grave o incumprimento do mesmo.
Mediante o Real Decreto Lei 8/2019, de 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, o Goberno trata de garantir o cumprimento horario nas empresas e facilitar o control do mesmo pola Inspección.
OBRIGATORIEDADE DE REXISTRO DIARIO DE XORNADA
Establecese a obrigatoriedade para as empresas de garantir un REXISTRO DIARIO DE XORNADA, QUE DEBERÁ INCLUIR O HORARIO CONCRETO DE INICIO E FINALIZACIÓN DA XORNADA DE TRABALLO DE CADA PERSOA TRABALLADORA, sin perxuizo da flexibilidade horaria.
Dado que a norma non especifica o medio co que se debe realizar dito rexistro queda en mans da empresa, previa consulta cos representantes dos empregados o modo de documentar dito rexistro, entendemos que pode ser dende reloxos analóxicos de fichaxe ata aplicación informáticas. Hai que ter en conta que ditos sistemas de control non choquen contra o dereito a intimidade e protección de datos.
Poñemos a súa disposición en formato papel un modelo, que debe ser cuberto e asinado tódolos días, no que se rexistran os datos solicitados según o RDL 8/2019, no caso de non optar por medios informáticos ou analóxicos e en falta de negociación sobre o medio de rexistro. Este modelo poderán descargalo na nosa páxina Web www.bieito.com, ou solicitárnolo nas nosas oficinas, e o cal terán que facer copias para cada traballador e mes.
CONSERVACIÓN DO REXISTRO DURANTE 4 ANOS.
A empresa está obrigada a conservar este rexistro durante 4 anos e os traballadores, sindicatos e Inspección terán dereito a poder consultalo.
INFRACCIÓN GRAVE
O non cumprimento da obrigación do rexistro será calificado de infracción grave, polo tanto de 626 a 6.250 euros de multa.
A parte da sanción pode ser obxecto de reclamación por parte do traballador que non esté realizando por algún medio iste seguimento de control horario.
Read more