Publicouse onte no DOGA unhas subvencións pola contratación indefinida inicial e a tempo completo de mulleres desempregadas, que se realicen dende o 01 de xaneiro de 2022 ata o 30 de setembro de 2022. Os requisitos a cumprir son manteñer a persoa contratada durante dous anos, podendo ser sustituida no caso de ser baixa por outra muller desempregada. A responsable laboral da sua empresa porase en contacto con vostedes para informarlle si actualmente a súa empresa conta con traballadoras que cumpren os requisitos a día de hoxe para poder acollerse a subvención, e para que tomen a decisión. Asimesmo aqueles que queiran contratar xa inicialmente a traballadoras, se están interesados deben de contactar con nós para faguernolo saber. A contía da subvención será de 6.000 euros por cada contatación, e tamén lle informaremos do custe da solicitude e tramitación da mesma.
Informámolos que estas subvencións concedense ata que se agota o orzamento asignado, e nos iremos tramitando na medida que temos a sua confirmación e que recabemos toda a documentación, non podendo garantir si vai chegar o orzamento.
Read more
Estase a negociar a nova cotización dos autónomos en función dos rendimentos, determinarase unhas bases e unhas cuotas que van dende 230 a 595 euros, pendentes de aprobar e que previsiblemente entrarán vigor no 2023, liquidando provisionalmente a cuota segundo estimación de rendimento e logo regularizandose cando se teñan os rendimentos.
Aqueles autónomos que inicien unha actividade económica ou profesional deberán realizar unha declaración de previsión dos rendementos económicos netos no momento da alta, e para aqueles outros que xa figuren de alta no momento da entrada en vigor desta norma, deberán regularizar a súa situación cun proceso de comunicación destes datos antes do 31 de outubro de 2023.
A recaudación será ata 6 veces ao ano en lugar dos 4 actuais, para adaptalas ós seus rendementos, ainda así irémolos informando sobre esta última cuestión a medida que vai tomando desenrrolo dita norma.
Read more
O goberno aprobou o sábado 25 unha prórroga das medidas adoptadas para paliar os efectos da guerra de Ucrania, que enunciamos de xeito breve:
- Unha axuda de 200€ para persoas físicas con baixo nivel de ingresos.
- Prórroga durante 3 meses dos aplazamentos das cuotas da S.Social e autónomos.
- Baixa do IVA da luz de 10% ó 5% para consumidores con potencia < 10KW.
- Manter a baixada de imposto de electricidade de 5,1% a 0,5%. Manter o desconto dos 20 ceéntimos nos combustibles.
- Aumento transitorio do Ingreso Mínimo Vital, pensións non contributivas.
- Conxélase o prezo da bombona en 19,55€.
- Suspensión dos deshaucios das vivendas habituais en fogares vulnerables.
- Non incrmentar nen actualizar os alugueres máis do 2% da renta.
- Reducións do abono do trasnporte: ainda por desenvolver.
- Outras medidas específicas para transportes e sector agricola-gandeiro, xunto con novas líneas de financiación.
Read more
Este mes lembrámoslle que a empresa, para garantir a vixilancia da saúde dos seus traballadores, está obrigada a facilitar a realización dun recoñecemento médico, en función dos riscos inherentes o traballo, ó comezo da relación laboral e polo menos unha vez ó ano, ou ben ter unha RENUNCIA POR ESCRITO por parte do traballador a sua realización.
Read more
Dende o día 13 de xuño e ata 30 de setembro estamos en horario de verán de 8:00 á 15:00 horas. En todo caso mellor chame cando queira ser atendido por alguén de nós.
Read more
A empresa ten a obriga de rexistrar a xornada diaria dos seus empregados, tanto si se trata de traballadores a tempo completo como a tempo parcial, que deberá incluir o horario concreto de inicio e de finalización da xornada de traballo de cada persoa traballadora, sen perxuicio da flexibilidade horaria que poda establecerse, todo elo para dar cumprimento o artígo 34.9 do Estatuto dos Traballadores.
A lexislación non especifica nada de cómo debe ser o rexistro, polo que en principio é válido calquer sistema que sexa fiable, obxetivo e que non poida ser alterado ou modificado pola empresa, polo que poden optar polo rexistro en papel (lembrámoslle que cada vez que se da de alta un traballador enviamos xunto co contrato un rexistro de xornada que poderán usar cada mes) ou ben, usar un rexistro informatizado.
Este rexistro deberá conservarse durante un prazo de 4 anos e permanecerá a disposición das persoas traballadoras, dos seus representantes sindicais no caso de habelo, e da Inspección de Traballo, xa que o seu incumprimento será considerada como unha infracción grave que leva aparellada unha sanción entre 625 e 6.250 euros.
Read more
Para aqueles que estén de alta dende 2019, e que neste ano facturaran un mínimo de 4.000 €, e durante o 2021 reduciran os ingresos nun 65% con respecto os do 2019 poderán acollerse a subvencións que van entre 1.000 e 12.000 euros, segundo a facturación.
Quedan excluidas as actividades que tiveron axudas específicas como hostelería, ocio nocturno, Hoteis e aloxamentos, axencia de viaxes, orquestas, pesca e acuicultura.
Prazo de Solicitude ata o 3 de xuño do 2022. Iremos contactando con vostedes si están dentro dos que cumpren os requisitos.
Read more
Con data do 10 de maio saiu publicado o novo convenio de hostalaría para a provincia de Ourense cunha duración de 3 anos e con vixencia dende xaneiro do 2022 ata o 31 de decembro de 2024. Como novidade no seu artígo 27, as partes signatarias acordan un “complemento compensatorio de formación”, de natureza salarial, para conseguir un sector moderno e competitivo para a consecución dun emprego estable e de calidade dentro do mesmo, que deberán aboarlles aos seus traballadores nunha contía de 25 euros por 14 pagas durante a vixencia deste convenio, aquelas empresas que non cumpran algún destes requisitos:
1.- Non acrediten estar asociadas a unha organización empresarial representativa do sector.
2.- Non acrediten ter un plan de formación a nivel de empresa e formar así aos traballdores.
3.- Non acrediten a súa participación en plans agrupados de formación desenvoltos por algún sindicato.
Polo que, quedamos a espera de que nos confirmen a súa decisión, xa que no caso contrario dito complemento de formación comenzará a devengarse na nómina deste mes de maio, así como nos atrasos de convenio de xaneiro a abril do 2022.
Read more