Lembramos que o lúns 31 de agosto:
- Cargan o 50% das cuota de autónomo a todos que durante estes meses recibiron a prestación extraordinaria e non pagaron a cuota, non sabendo que vai pasar cos que teñen solicitado a prestación ordinaria, que en todo caso deberá quedar exenta na sua totalidade.
- En canto as cotizacións dos traballadores, van cargar as cotizacións do mes de xullo, que serán integras para aquelas empresas que no mes de xullo xa tiñan a todos os traballaldores rescatados do ERTE, e as que tiñan algún traballador en ERTE, a cotización será do 65% e dos traballadores que rescataron do 40%.
Read more
As novas medidas de restrincións ou limitacións do COVID19 que aprobaron hoxe no Consello Interterritorial de Saude e que están saindo nos medios de comunicación ainda non entraron en vigor:
peche dos establecementos de ocio nocturno, peche de hosteleria as 01:00 horas, garantir distanciamento de 1,5 m. na barra…
Agora ten que ser aprobadas pola Xunta de Galicia, que poderá incremetalas. A Xunta de momento non informou de cando se van aprobar, en todo caso, cando se publiquen no DOGA o comunicaremos e informaremos con detalle o antes posible.
Read more
A xunta aprobou hoxe unha orden que acaba de publicar no DOGA e entra en vigor dentro de media hora (as 24:00 horas), na que modifica o Acordo do 12 de xuño sobre medidas de prevención necesarias para facer frente a crísisis sanitaria ocasianada polo COVID 19, engadindo o seguinte apartado:
“No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou espazos ao aire libre, incluidas as terraza, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas “
Tamén se aprobaron sendas ordens que afectan o manteñemento das medidas de prevención na Zona de mariña lucense e novas medidas para os Concellos da área da Coruña
Read more
- Recordamos que o lúns e martes enviamos circular e Factura o seu correo electrónico que cargarán maña na sua conta do Banco.
- Todos os autónomos que recibirán prestación da mútua, hoxe non lle cargaran o recibo de autónomo, e os que solicitaron a prestación ordinaria tampoco.
- Hoxe cargan no banco as cotizacións das empresas do mes de xuño: polos traballadores que siguen no ERTe a cotización é do 55%, e polos traballadores que se rescataron do ERTE e xa están traballando, a cotización é do 30%. Para iste mes que se cotiza en agosto suben 10 puntos.
Read more
No día de hoxe publicase no DOGA unha Resolución da Xunta que entra en vigor mañá domingo 19 de carácter xeral pero que afecta a establecementos comerciais, profesionais e de hosteleria, e que ven a establecer:
- Obrigatoriedade do uso da máscara en todo momento, tanto na vía pública, en espazos o aire libre como os pechados abertos o público, ainda que se podea garantír a distanica de 1,5 metros.
- A máscara deberá cubrir desde o tabique nasal o queixo(mentón) e non deberá ter válvula exhalatoria.
- Non fai falla utilizala:
- Nos establecementos de hosteleria e restauración exclusivamente no momento expecífico de consumo.
- Nos vehículos privados si van ocupados por persoas que convivan no mesmo domicilio.
- Nas praias e piscinas durante o baño ou toma do sol si se respecta a distancia a outras persoas que non sexan conviventes.
- Deporte individual o aire libre, sempre que se poida manter distancia de 2 metros e nos interiores a distanica de 1,5 mtros.
- En todos os demáis establecementos: comercios, empresas, fábricas, actividades profesionais deberán permanecerse ca máscara en todo momento e seguindo o establecido nos protocolos específicos para determinados colectivos.
- Queda prohibido o consumo de bebidas alcohólicas na via pública (“botellón”)
Read more
Remataron o pago da prestación extraordinaria pero manteñense a exención do pago da cuota no mes de Xullo, e para agosto e setembro a exención vai ser do 50% e 25%.
EXISTE POSIBILIDADE DE SOLICTAR UNHA NOVA PRESTACION DE AUTÓNOMOS para este trimestre si hai unha redución do 75% dos ingresos con respecto o do ano pasado.
MAIS INFORMACION no Correo electrónico que enviamos hoxe e en www.bieito.com
Read more
Prestacións dos autónomos
O 30 de xuño remataron a prestacións que se pagaron por parte das mutualidades durante estos meses en estado de alarma. A partir deste mes de Xullo xa non hai a prestación extraordianria pero se manten a exención total da cuota de autónomos para xullo, e do 50% e 25% para agosto e setembro. Esta exención xa se lle concede automaticamente os que recibiron a prestacón ata o 30 de xuño.
Pódese SOLICITAR A PRESTACION DE CESE DE ACTIVIDADE para Xullo,agosto e Setembro si secumpren os seguintes requisitos:
- Reduccir os ingresos no 75% durante o 3º Trimestre do 2020 con respecto o 3º Trimestre do 2019.
- Non ter unhos rendimentos netos(beneficios) superiores á 5.818,75 € durante o 3º trimestre do 2020.
- Ter un periodo mínimo de cotización de 12 meses.
Todos aqueles que entendan oucomproben que poden cumprir estos requisitos terán que indicarnos e ordenarnos que solicitemos esta prestación.
AXUDAS PARA TRABALLADORES EN ERTES OU CON REDUCION DE XORNADA E PARA EMPRESAS E PLANS DE FORMACIÓN PARA OS TRABALLADORES DURANTE AS ESTADIAS EN ERTES
O dia 1 de xullo, publicouse no Doga unha orden de axudas para persoas traballadoras de empresas afectadas por ERTE ou ETOP de suspensión ou redución da xornada de trabllo, para favorecer o poder adquisitivo distes traballadores e así o manteñemento de emprego.
Estas axudas son para as persoas traballadores que se vexan afectadas a partir do dia 1 de xullo e ata 31 de outubro, podendo outer un complemento entre 12 e 15 € diarios. Estas axudas deberán solicitalas as persoas traballadoras das empresas e recomendamos que se dirixan as suas organizacións ou administracións, porque dende Asesoria non nas vamos a tramitar.
Tamén existen axudas para as empresas que se acollan a estes expedentes e que acorden plans de formación para os seus traballadores mentras permanecen no ERTE. Si están interesados deben dirixirse as empresas que se dedican a formación para informarse e no seu caso para tramitalas.
Saúdos
ASESORIA BIEITO S.L.
Read more
Estimado Cliente:
Queremos recordarche que envies urxentemente a documentación e facturas para realizar a contabilidade e impostos do 2º Trimestre do 2020, xa que os prazos de presentación de declaracións para domiciliar os pagos remata o mércores 15 de xullo.
Read more