A orden 427 de Sanidade publicada no BOE (que se pode descargar aquí: Download) que entra en vigor hoxe mesmo na que se flexibiliza as restricións para os Concellos menores de 10.001 habitante e de densidade de pobación de menos de 100 habitantes por km/2, que están na Fase 0 ou Fase 1 e aplicable os habitantes empadroados distes Concellos e dos que permaneceran neles durante os últimos 14 dias, acordase:
• Poderán proceder a aperura o público os establecementos de hosteleria e restauración para o consumo no local, salvo discotecas e bares de ócio nocturno. En canto as terrazas o aire libre seguirán mantendose a mesma normativa do 9 de maio.
(observación nosa: terá que terse en conta o uso obrigatorio das mascarillas cando non se poida manter a distancia de seguridade)
• Os concellos da provincia que non se poderán acoller son: Ourense, O Barco, Carballiño,Verin e Barbadás. ( a deinsidade dos Concellos poden consultala en Google).
• Flexibilizase as entidades de población de menos de 10.001 que estén na Fase 1 as mesmas condición para libertade de circulación e para os velatorios.
• Os Concellos e Xunta poderán facer modificación desta norma e incluso poderán restrinxilas si hai riscos de aglomeracións.
• En todo caso o lúns 25 Galicia está previsto que entre na Fase 2, pendente da aprobación e publicación da orden que o regula, entendemos que é posible que salga mañá, e polo tanto, a oden de hoxe e para 3 dias.
Seguiremos informando!
ASESORIA BIEITO
Read more
Xa se publicaron as Subvencións da Diputación de Ourense para a provincia a excepción do Concello de Ourense.
Como xa lle informamos o lúns, poderán beneficiarse delas os que estén a recibir á Axuda de Autónomo(Mutuas) e outras empresas que cumpran unhos requisitos. Nesta semán enviaremos información e indicacións de como proceder. Suxerimos que esperen a recibilas antes de contactar con nós.
Hai 2 incompatibles entre si, para todos que teñan de alta actividade (IAE) en calqueira Concello da provincia , salvo o de Ourense, prazo para tramitalas ata 9 de xuño sin que se establezan prioridades por orden de presentación:
AUTÓNOMOS: que sexan titulares da actividade, exclúense os colaboradores e os que xa recibirán a prestación de autónomo que pagan as Mutuas, ainda que sexan autónomos societarios. Cuantía de 600 euros.
DOCUMENTACIÓN: Formulario solicitude, Certificación Censal, Resolución concesión Mutua, Escrituras (se é sociedade) e Certificado de conta bancaria.
Só nos ten que enviar por correo electrónico a súa Responsable o certificado da conta bancaria onde se vai cobrar. (O Custe de tramitación será de 50 €.)
- Si se cumple os requisitos desta Subvencións ten que solicitarse, e non a de Pemes.
PEMES: Persoa física ou Xurídicas con actividades que non facturaran máis de 1.000.000 € no ano 2019, e que o 14 de marzo tiveran menos de 10 traballadores, e que os ingresos entre 14 de marzo e 30 de abril non chegaran ao 50% da media mensual do 2019. Cuantía a repartir o crédito entre todos os solicitantes: non se sabe pero cun límite de 1.000 €. DOCUMENTACION: Formulario-Solicitude, Certificación Censal, TCs marzo, Modelo 390, Libro de Rexistro de facturas, Si procede copia de Escrituras e certificado da conta bancaria.
- Só nos ten enviar o certificado do banco por onde queren cobrar e as facturas emitidas que fixeron no mes de abril do 2.020.( O custe de tramitación desta será de 70 €)
Si non nos envían o certificado, e no seu causa as facturas de abril, non podemos tramitalas, entendendo que non queren solicitalas. Iremos informando cando a solicitemos e cando nos informen da súa Resolución. Faremos seguimento e estaremos pendentes da súa xestión.
Read more
No BOE de hoxe publicase o RDLei 18/2020 que afecta as empresas con menos de 50 traballadores acollidas a un ERTE da seguinte maneira con efectos dende o 1 de maio e de momento ata o 30 de xuño:
1º.- As empresas que están obrigadas a permanecer pechadas, siguen como ata agora: os traballadores cobran a mesma prestación de desemprego e as empresas quedan exentas de cotización.
2º.- As empresa que poidan reiniciar a súa actividade(inicien ou non) os traballadores que permanezcan no ERTE, siguen cobrando a prestación de desemprego pero a exención da cotización pasa do 100% ao 60% en maio e o 45 en Xuño. En cambio os trabalaldores que estaban no ERTE que reinicien a actividade a exención da cuota será de 85% en maio e 70% en Xuño e a empresa pagaralle o Salario que tiña establecido.
3º.- Dende o momento que se reinicia actividade total ou parcial empezará a computar a obriga de manter 6 meses o traballador, e non se poderán acoller as empresas con máis de 50 traballadores, que pretendan repartir dividendos do 2020 nin que teña domicilio en paraísos fiscais.
4º.-Si o retorno a actividade non é o esperado poderiase presentar un Expedente de Regulación de Emprego(ERTOP) para o cal debemos de consultar os representantes legales da empresa, si os ouvera, ou dirixirnos os Sindicatros máis representativos para que participen diste proceso.
5º.-Si están interesados en reactivar trabalaldores deben de manifestalo cunha antelación de 24 horas e terá un coste de 30 euros de cada vez.
Read more
A Diputación de Ourense aprobou unha subvencións, que está pendente de publicar, para autónomos e PeMES (Sociedades) que sexan beneficiarios das axudas extraordinaria que están a conceder as Mutuas, sempre e cando teñan o domicilio fiscal ou da actividade nun Concello de menos de 20.000 habitantes (Ourense non). Recordamos que O Concello de Ourense ten anunciado unas Subvencións para autónomos de 2.000 euros.
Dado que nós lle tramitamos a Axuda Extraordinaria ante as Mutuas, tamén lle vamos tramitar esta axuda, salvo que nos den contraorden, e para o cal contamos con todos os Documentos a excepción do certificado da conta bancaria, que entendemos que vai ser a mesma que a da Axuda extraordinaria. Por esta tramitación facturaremos 50 €.
A cuntía da subvención é un pago de 600 euros.
Seguiremos informando.
Asesoria Bieito
Read more
CONDICIONS A APLICAR NA MOVILIDADE E TRANSPORTES NA FASE 1 A PARTIR DO LUNS 11
Na mañán de hoxe publicase a orden 400 de Transportes que establecece e en que condicións se pode mover nos distintos transportes nos Territorios que entran mañana na FASE 1. As máis importantes son:
1º.-Nos transportes privados particulares en vehículos ata 9 prazas, poderán viaxar todas as persoas que residan no mesmo domicilio e sen mascarillas.
2º.-Si non conviven no mesmo domicilio, só poderan viaxar 2 persoas por cada fila de asentos, o máis separadas posible e con mascarillas.
3º.-En caso de transporte público nestes vehículos poderán viaxar 2 persoas por cada fila a maiores da do conductor, ca distancia máxima e si conviven no mesmo domicilio poderán ir ata tres persoas por fila.
4º.-Os vehículos que só teñan unha fila de asentos, poderan viaxar dúas persoas con mascarilla e ca máxima distancia posible.
5º.-Todo tipo de transportes en autobús, como os ferroviarios, nos que os ocupantes van sentados, deberán manterse vacia a praza contigua a cada viaxante, a excepción de que os ocupantes convivan, e dando preferencia as persoas con discapacidade. En todo caso, deberá manterse sempre vacia a fila posterior o conductor.
6º.- No caso de transportes teñan prazas para viaxar de pe, deberán manterse un rátio de 2 persoas por metro cadrado e mantendo a maxima distancia.
7º.-Regulase as conexión aéreas e marítimas das illas Canarias e marítimas.
ASESORIA BIEITO
Read more
Na mañán de hoxe publicase a orden 399 de Sanidade na que se establece os Territorios que pasan a Fase 1 do Plan de desescalamento, entre as que están Ourense, Lugo, Pontevedra e Coruña, comentando as máis esenciais e importantes para a súa actividade:
1ª.- Libertade de circulación dentro da provincia, ainda que a Xunta poderá autorizar
movilidade entre concellos limítorfes doutras provincias de tránsito habitual para actividades
socioeconómicas.
Todo esto sin perxuicións das excepcións que xustifiquen o desprazamentos a otros territorios.
2ª.-Manteñemento xeral de distancia entre persoas de 2 metros, cando non se poida terá que
haber sempre Sistemas de protección axeitados.
3ª.-Os Grupos serán como máximo de 10 persoas( salvo que convivan).
4º.-Velatorios: 10 persoas no interior ou 15 si é o aire libre. Enterros: 15 persoas e o Cura.
Lugares de culto: un tercio do aforo(recollese método para o seu cálculo, só para istes lugares)
COMERCIOS E SERVIZOS PROFESIONAIS(PELUQUERIAS)
1º. Só poden abrir establecementos de menos de 400m2, que non teñan carácter de centro ou
parque empresarial.(Non teñen entrada independente dende o exterior).
2º.- O aforo será só do 30% do local, e virá determinado pola distancia de 2 metros entre
clientes. Si no local non se dá gardado esa distancia de 2 metros, só se pode atender a un cliente
de cada vez. O aforo e o distanciamento deberá informarse con carteis no local e deberá haber
sistemas que permitan o reconto e control. Nos parkings faranse controles sin contacto físico.
3º.- Déebese marcar unha preferencia de atención para persoas maiores de 65 anos.
4º.- Poderán abrir con cita previa: os concesionarios de automoción, as ITV, os centros de
xardeiñeria e vivieiros ainda que superen os 400 metros.
5º.-Os establecementos poderán por sistemas de recollidas de productos vendidos
telemáticamente , sempre e cando se faga sin aglomeracións e poderán repartir e entregar nas
casas especialmente a colectivos determinados.
6º.- Os concellos poderán autorizar a celebración de mercados o aire libre(Feiras)
prferentemente de productos alimentcios, cunha limtación ao 25% dos postos habituais ,
garantindo o distanciamento e a non manipulación dos productos.
7º.-Recollense medidas de hixiene dos establecementos, do persoal traballador e para os
clientes: especialmente para peluquerías, Fisoterapia e Estéticas. Débese evitar a manipulación
dos clientes dos productos, as prendas de roupa que se proben e non se vendan: hixienizalas,
non ofertar probas que sexan manipulados por sucesivos clientes…
ACTIVIDADES DE HOSTELERIA E RESTAURACIÓN
1º.-Os establecmentos de hosteleria e Restauración poderán abrir as trerrazas ao 50% das que
tiña autorizado o ano anterior polo Concello, sempre mantendo unha separación entre mesas
de 2 metros. Si o Concello lle permite máis poderá facerse mantendo as proporción cos peatóns.
2º.-Autorizase unha agrupación de máximo 10 persoas por mesa ou agrupación que respecte a
distancia mínima de seguridade interpersoal.
Entendese por terraza espazo aberto ou cuberto pero rodeado lateralmente só por 2 paredes.
3º.-Limpeza e desinfeción de mesas, cadeiras e utensilios entre un cliente e outro, priorizando
mantelería dun só uso, por dispensadores de xeles desinfectantes, evitar cartas de uso
común,servilleteiros,palilleiros,aceiteiras,vinagretas,e manter a vaixela pechada e fora do
acceso de clientes. Os baños utilizaranse só por una persoa e deberán limparse 6 veces o día.
OUTRAS MEDIDAS
A orden recolle as condición de apertura de hoteis, da Actividade de Turismo activo, dos Servizos
Sociais, dos Centros eductivos-universidades, Bibliotecas, Museos, das instalación científicas, da
actividade de rodaxe de audiovisuais, espectáculos culturais, das actividades deportivas e
federadas e remata cun Anexo dos Territorios do Estado que pasan a Fase I.
Podédes descargar a orde completa aquí: Download
e o BOE do 10 de maio aquí: Download
ASESORIA BIEITO
Read more
Seguimos tramitando as prestación de autónomos dos que van pola via da disminución do 75% dos ingresos, e xa vamos informando tanto da tramitación como da aprobación, estando previsto que cobren dende abril a finais de maio.
Os traballadores afectados por un ERTE están a cobrar, e os que ainda non o fixeron terán de prazo ata o 10 de maio.
Por información xeral os empregad@s de fogar que viran extinguido ou supendido o seu contrato polo COVID -19 teñen atao 5 de xuño para solicitar a axuda da prestación. Si esta interesados que contacte con Nós a/o traballador@. Custe de tramitación entre 30 e 50€
Si queren pedir aprazamento das cuotas da seguridade Social e de Autónomos que se van pagar o 31 de maio, e si a empresa non esta acollida a un ERTE nin solicitou axuda de autónomo, nin ten solicitado outros aprazamentos deberá comunicalo antes do 10 de maio para poder tramitalo. Custe de xestión 20 €.
Aprobaronse o martes axudas especificas para actividades da Cultura e dos traballadores déstas.
Read more
Esta tarde acaban de publicar no BOE a orden na que se regula o funcionamento dos establecementos de comercio, servizos profesionais(peluquerias), hosteleria-restauración que queiran abrir na Fase 0 do descalamento, que empeza a partir de mañá dia 4 ata o 10 de maio,e esta dice:
COMERCIOS E SERVIZOS PROFESIONAIS(PELUQUERIAS)
1º. Só poden abrir establecementos de menos de 400m2, que non teñan carácter de centro ou parque empresarial.(Non teñen entrada independente dende o exterior).
2º.- Terá que establecer un sistema de cita previa que garantice que só poida estar un cliente no interior por cada traballador ca debida separación ou utilizando mamparas.
3º.- Debese marcar unha preferencia para persoas maiores de 65 anos que coincida ca franxa horario de permisos para paseos deste colectivo.
4º.- Poderán establecerse sistema de recollida de productos evitando aglomeración no interior e accesos.
5º.-Os clientes poderán ser do concello onde residen ou doutros que non existan estes establecementos.
6º.- Deberán respectarse e ser estrictos nas medidas de hixiene e prevencións para clientes e traballadores que poden comprobar na orden.
ACTIVIDADES DE HOSTELERIA E RESTAURACIÓN
1º.- Pódese realizar actividades de entrega a domicilio ou recollida no establecemento dos pedidos feitos polos clientes por teléfono ou on line, fixando a hora de recollida e evitando aglomeracións, permanecendo o establecemento pechado no resto do tempo.
2º.- O establecemento habilitará un espazo de recollida dos pedidos e cas medidas de protección con mostradar ou mamparas que garanten a separación. Prohibindose o consumo ou servizos no seu interior.
3º.-Si o establecemento conta con puntos de pedido e entrega dende o vehículo pode mantelos.
4º.- Si no establecemento se pode garantizar a separación mínima entre os clientes, debe indicarse con carteis e señales no chan quedando clara a diferenciación que terán que ser atendidos por traballadores distintos. No caso de que non sexa posible, só poderá atenderse a un cliente que é o úneco que permanecerá no establecemento o tempo mínimo posible.
5º.- A orden establece medidas de hixiene e prevención para traballadores e clientes.
Read more