- Recordamos que o lúns e martes enviamos circular e Factura o seu correo electrónico que cargarán maña na sua conta do Banco.
- Todos os autónomos que recibirán prestación da mútua, hoxe non lle cargaran o recibo de autónomo, e os que solicitaron a prestación ordinaria tampoco.
- Hoxe cargan no banco as cotizacións das empresas do mes de xuño: polos traballadores que siguen no ERTe a cotización é do 55%, e polos traballadores que se rescataron do ERTE e xa están traballando, a cotización é do 30%. Para iste mes que se cotiza en agosto suben 10 puntos.
Read more
No día de hoxe publicase no DOGA unha Resolución da Xunta que entra en vigor mañá domingo 19 de carácter xeral pero que afecta a establecementos comerciais, profesionais e de hosteleria, e que ven a establecer:
- Obrigatoriedade do uso da máscara en todo momento, tanto na vía pública, en espazos o aire libre como os pechados abertos o público, ainda que se podea garantír a distanica de 1,5 metros.
- A máscara deberá cubrir desde o tabique nasal o queixo(mentón) e non deberá ter válvula exhalatoria.
- Non fai falla utilizala:
- Nos establecementos de hosteleria e restauración exclusivamente no momento expecífico de consumo.
- Nos vehículos privados si van ocupados por persoas que convivan no mesmo domicilio.
- Nas praias e piscinas durante o baño ou toma do sol si se respecta a distancia a outras persoas que non sexan conviventes.
- Deporte individual o aire libre, sempre que se poida manter distancia de 2 metros e nos interiores a distanica de 1,5 mtros.
- En todos os demáis establecementos: comercios, empresas, fábricas, actividades profesionais deberán permanecerse ca máscara en todo momento e seguindo o establecido nos protocolos específicos para determinados colectivos.
- Queda prohibido o consumo de bebidas alcohólicas na via pública (“botellón”)
Read more
Remataron o pago da prestación extraordinaria pero manteñense a exención do pago da cuota no mes de Xullo, e para agosto e setembro a exención vai ser do 50% e 25%.
EXISTE POSIBILIDADE DE SOLICTAR UNHA NOVA PRESTACION DE AUTÓNOMOS para este trimestre si hai unha redución do 75% dos ingresos con respecto o do ano pasado.
MAIS INFORMACION no Correo electrónico que enviamos hoxe e en www.bieito.com
Read more
Prestacións dos autónomos
O 30 de xuño remataron a prestacións que se pagaron por parte das mutualidades durante estos meses en estado de alarma. A partir deste mes de Xullo xa non hai a prestación extraordianria pero se manten a exención total da cuota de autónomos para xullo, e do 50% e 25% para agosto e setembro. Esta exención xa se lle concede automaticamente os que recibiron a prestacón ata o 30 de xuño.
Pódese SOLICITAR A PRESTACION DE CESE DE ACTIVIDADE para Xullo,agosto e Setembro si secumpren os seguintes requisitos:
- Reduccir os ingresos no 75% durante o 3º Trimestre do 2020 con respecto o 3º Trimestre do 2019.
- Non ter unhos rendimentos netos(beneficios) superiores á 5.818,75 € durante o 3º trimestre do 2020.
- Ter un periodo mínimo de cotización de 12 meses.
Todos aqueles que entendan oucomproben que poden cumprir estos requisitos terán que indicarnos e ordenarnos que solicitemos esta prestación.
AXUDAS PARA TRABALLADORES EN ERTES OU CON REDUCION DE XORNADA E PARA EMPRESAS E PLANS DE FORMACIÓN PARA OS TRABALLADORES DURANTE AS ESTADIAS EN ERTES
O dia 1 de xullo, publicouse no Doga unha orden de axudas para persoas traballadoras de empresas afectadas por ERTE ou ETOP de suspensión ou redución da xornada de trabllo, para favorecer o poder adquisitivo distes traballadores e así o manteñemento de emprego.
Estas axudas son para as persoas traballadores que se vexan afectadas a partir do dia 1 de xullo e ata 31 de outubro, podendo outer un complemento entre 12 e 15 € diarios. Estas axudas deberán solicitalas as persoas traballadoras das empresas e recomendamos que se dirixan as suas organizacións ou administracións, porque dende Asesoria non nas vamos a tramitar.
Tamén existen axudas para as empresas que se acollan a estes expedentes e que acorden plans de formación para os seus traballadores mentras permanecen no ERTE. Si están interesados deben dirixirse as empresas que se dedican a formación para informarse e no seu caso para tramitalas.
Saúdos
ASESORIA BIEITO S.L.
Read more
Estimado Cliente:
Queremos recordarche que envies urxentemente a documentación e facturas para realizar a contabilidade e impostos do 2º Trimestre do 2020, xa que os prazos de presentación de declaracións para domiciliar os pagos remata o mércores 15 de xullo.
Read more
1.-PRORROGA DOS ERTES ATA 30 DE SETEMBRO
O sábado 27 publicouse no BOE a prorroga dos ERTES ata o 30 de setembro nas seguintes condicións:
ERTES TRANSITORIOS: son aqueles que ainda non iniciaron a súa actividade cos traballadores que se manteñen no ERTE e que seguirán cobrando o 70% da súa Base Reguladora.
As empresas quedarán exoneradas das súas cuotas da Seguridade Social no mes de Xullo do 70%, no de agosto do 60% e no de Setembro do 35%.
ERTES DE FORZA MAIOR OU PARCIAIS: os que xa iniciaron a súa actividade con algún traballador a exoneración das cuotas serán durante os tres meses do 60% para os traballadores que se rescataron do Erte e do 35% para os traballadores que se manteñen no ERTE.
2.-PRESTACIÓN DE AUTÓNOMOS
Non se manten a prestación extraordinaria que se pagaron por parte das Mutuas durante o Estado de Alarma. Pero si, se manten a exoneración da cuota da Seguridade Social para os que percibiron esta prestación do 100% en Xullo, 50% en agosto e 25% en setembro.
Recordamos que en Xuño ainda cobrará esta prestación e non pagará a cuota da Seguridade Social, e xa lle teñen que ter devoltas as cuotas dos meses que se pagaron durante o Estado de Alarma.
Tamén se poderá Solicitar a PRESTACION ORDINARIA si durante o 3º Trimeste do 2020 reducense nun 75% os ingresos con respecto os ingresos do 3º Trimestre do 2019 e non se teñen Rendimentos netos superiores de 5.818 euros durante o 3º Trimestre 2020. Esta prestación será do 70% da Base Reguladora aparte da exención da cuota da Seguridade Social.
Existe unha prestación extraordinaria para os traballadores autónomos de temporada, que son aqueles que durante os dous útlimos anos traballaron cinco meses entre marzo e outurbro e non estivera contratadao por conta allea nos dous anos máis de 120 dias. Esta Solicitude deberiase tramitar antes do 15 de xullo e si non se cumpre poderiase renunciar a ela.
Iremos contactando con cada un dos que cumpren os requisitos para acordar si se solicita. O Custe de trámite destas prestacións son de 50€.
3.-AXUDAS IGAPE:
CHEQUE DIXITALIZACION para hosteleria, Comercio, perruquerias e outras actividades afectadas polo Covid-19. Os investimentos deberán estar comprendidos entre 1.500 e 12.000 euros podendo subvencionara ata o 80%, e polo tanto ata un límite de 9.600, podendo executarse estos entre o 14 de marzo ata 15 de novembro rematando o prazo de solicitude o 30 de setembro.
O Custe de Tramitación desta Subvención serán de 300 euros: 100 o tramitala e 200 na sua concesión.
REACTIVA COMERCIO SEGURO Comercio polomiudo de todo tipo, peluquerias e salóns de beleza con establecmentos abertos ao público afectadas polo Covid-19.
As Axudas destinaranse a medidas de proteción tanto para clientes como para usuarios que terán que ser dun importe entre 300 e 1.200 euros a realizar dende o 15 de marzo ata o 31 de xullo, podendo ser subvencionado ata o 100%.
O Custe de tramitación destas Subvencións é de 60 euros.
4.-NOVA RESOLUCION XUNTA A PARTIR DO 1 DE XULLO
O sábado 27 de setembro foi publicado Resolución da Xunta de Galicia pola que se regulan con máis detalle a situación a partir do 1 de xullo, entre as que se destaca:
1º.- A obrigatoriedade do uso da máscara cando non se poida garantír a distancia de seguridade.
2º.-Como deben actuar os Coros, agrupacións vocais, orquestas, bandas, agrupacións musicais, actividades formativas en conservatorios, escolas de música e danza, celebracións das competicións e eventos deportivos, Festas, Verbenas e eventos populares, así como as atracións de feira.
3º.-Tamén se regula o funcionamento de Discotecas e restos de establecementos de lecer nocturno.(pub e bares especiais) nos que se contempla que poderán realizar a súa actividade sen superar os 2/3 da sua capacidade, e si teñen terraza a capacidade é do 75%, e o consumo poderá ser en barra ou mesas e si hai pista de baile o límite é de 3m2 por cliente. Clientes e traballadores deberán portar máscara, e istes establecementos deberán levar un rexistro dos teléfonos dos clientes que queiran deixalo para unha maior localización polas autoridades sanitarios no seu caso.
5.-AXUDAS DIPUTACION:
Estanse resolvendo as axudas da Diputación pero ainda non se pagaron. E seguimos esperando as Subvencións do Concello de Ourense.
www.bieito.com
Saúdos
ASESORIA BIEITO S.L.
Read more
O R.D.L 19/2020 aprobado polo Consello de Ministros do 26 de maio (BOE 27-05):
1.- As operadoras de comunicacións electrónicas deberán conceder o seus aboados, si o solicitan, fracionamento e aprazamento das débedas durante 6 meses sin interese e sin garantías.
2.- Acordos para formalizar as moratorias de deudas entre clientes e entidades financieira: tantos as que teñen garantías hipotecarias como as que non, e polo tanto detállase máis polo miudo os requisitos nos que se deben de facer (Artigos 7 e 8).
3.-Aumentase un mes sin intereses os aprazamentos feitos de 6 meses durante o estado de alarma. Polo tanto os 4 meses primeiros non se pagan interés.
4.-O imposto de Sociedades do 2019 mantense o prazo para o 26 de xullo, ainda que as Contas Anuais se poden formular ata o un de setembro, as Xuntas Xerais poden aprobalas ata o 1 de novembro e si hai cambios ou variacións pódense presenta un novo imposto de Sociedades complementario ata o 30 de novembro, polo que cobrarán intereses. O prazo de depósito das Contas no Rexistro será ata o un de decembro (Un lío de datas!)
5.-BARES E RESTAURACION: recordar que na fase 2 é na que estamos e podese manter as terrazas ata o 50% das prazas que se tiñan, e podendo solicitar ampliación destas ao Concello.
No interior dos locais podes utilizar o 40% do seu aforo, e como pode amplialo as CCAA, a Xunta anunciou que para 1 de xuño iba a permitir o 50% do aforo.
HORARIO: en canto o horario é o que teñen os establecementos autorizados pola Xunta, salvo nas terrazas que poden ter unha hora de peche posta polo Concello, por exemplo en Ourense ata a unha da maña.
ASESORIA BIEITO.
Read more
Hoxe Domingo publicase a Orden de Sanidade 442 (que se pode descargar aquí: Download) na que se relaciona os Territorios que entran na Fase 2, entre os que se atopa Galicia, eos que entran na Fase 1, a partir de mañán dia 25. Enviamos a copia para que se vexan estes territorios en todo o Estado. A Fase 2 establece:
COMERCIO E PRESTACION DE SERVIZOS:
1.-Apertura distes establecementos do 40% do seu aforo(centros e parques comerciais tamén) iste deberá determinarse en base a distancia de seguridade de 2 metros, e senón só se poderá atender a un cliente
2.-Iste aforo deberá informarse en cartel xunto cas señalizacións no chan da distancia e organización do movemento dentro do establecemento. Non se poderá estar en zonas comús salvo para transitalas, e deberán respectarse medidas de hixiene e prevención para clientes e traballadores recollidos na orden 414 de Sanidade(BOE 16-05-2020).
3.-A xunta poderá cambiar o aforo entre o 30% e 50% distes establecementos , pero a dia de hoxe ainda non se fixo.
HOSTELERIA E RESTAURACION(excepción discotecas e bares de festa nocturna)
1.-Apertura interior do 40% do seu aforo consumindo sentado, non permitindo o autoservicio en barra por parte do cliente pero si poderá venderse productos para levar para casa.
2.-As terrazas seguen o mesmo que na Fase 1: un 30% da sua ocupación habitual, podendo ampliarse por parte do Concello e respectando a distancia de seguridade.
3.-A xunta poderá cambiar o aforo dos interiores e das terrazas entre o 30% e 50%, pero a dia de hoxe ainda non se fixo.
4.-Eliminaranse os “servilleteros”,”palilleros”, vinagretas, aceiteiras, cartas de uso común, priorizando os productos desbotables e de un só uso.
5.-Medidas de hixiene e prevención de limpeza e desinfeción de mobiliario, especialmente entre clientes, pondo a s súa disposición dispensadores desinfectantes e facendo unha atención especial os aseos.
- Esta orden terá que compatibilizarse ca que informamos o venres sobre a posibilidade de que nos concellos con menos de 10.001 h. e de densidade inferiror a 100 h/Km poderán xa consumirse no interior distes locais. Enlace de concellos os que se poden acoller
📲https://www.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=31608&name=DLFE-36928.pdf
*Tamén deberá compatibilizarse ca obrigatoriedade do uso de mascarillas no interior e espacios públicos cando non sexa posible manter a distancia de 2metros. - Non se admite nesta Fase 2 o movemento sin causa entre provincias.
ASESORÍA BIEITO.
Read more